As vivendas de uso turístico en Santiago e a súa complexa regulación en plena marca de peregrinos e compostelás

Este luns sométese a votación no pleno compostelán a ordenanza ao redor das vivendas de uso turístico (VUT) que provocaron un fervente debate na capital galega. 


|

Reunión del gobierno local de Santiago con las asociaciones de viviendas de uso turístico
Reunión do goberno local de Santiago coas asociacións de vivendas de uso turístico

 

 

As vivendas de uso turístico (VUT) traen de cabeza ao Concello de Santiago de Compostela. A área Urbanismo leva anos tratando de establecer un marco polo que regular dunha vez por todas estes inmobles que ensanchan a oferta turística na capital galega, pero que á súa vez provoca desequilibrios na oferta residencial nun momento de especial crise no mercado da vivenda. A proposta recolle, entre outras cousas, os requisitos e a documentación que teñen que incluír as persoas que queiran ofrecer unha vivenda como aloxamento até un máximo de 60 días ao ano cando o inmoble cumpra coas condicións fixadas para este tipo de instalacións. No entanto, e pese ao debate xerando nestes meses, parece que a proposta terminará nun caixón polo momento. 

 

UNHA PROPOSTA ERRADA?

E é que este luns se someterá a votación no pleno compostelán a ordenanza que impulsa o Goberno de Goretti Sanmartín, que non fai máis que, como explico a Galiciapress a titular da área de Urbanismo, Iago Lestegás, dar continuidade a "unha regulación que comezou hai anos, primeiro co Plan Especial, despois a PXOM", antes da chegada dos nacionalistas á fronte do consistorio. 

 

 

"O que levo meses lembrando é que isto xa estaba regulado polo Plan Especial que prohibe o uso turístico da vivenda desde 2018 cando se modificou, que xa na súa normativa orixinal en 1997 só permitía o uso hoteleiro e de dedicación exclusiva", incidía entón Lestegás. 

 

"O que facemos agora con este proxecto de ordenanza é regular unha cuestión concreta como é a forma de comunicar á administración municipal o desenvolvemento dos usos de hospedaxe asimilados á vivenda que están recollidos no artigo 107 da PXOM", apostilaba sobre esta proposta que sinalaba que só 24 das máis de 800 vivendas inscritas no rexistro da Xunta cumprían cos requisitos da administración galega -unha cifra que sobe a 58 considerando as que contan cun título habilitante a pesar de non estar adaptadas á normativa vixente-.

 

Vut vivienda turistica vivienda de uso vacacional
Das máis de 800 vivendas inscritas no rexistro, só 58 poden operar

 

"Os pisos turísticos teñen que cumprir a normativa urbanísticas, polo que os que non contan co título habilitante municipal non poderán conseguilo", lembraban desde o Concello, que tamén respondían as críticas dalgúns propietarios. "Prefiren deixar as vivendas buxán antes que destinalas ao mercado residencial, parécenme incompatibles co discurso de que eses ingresos procedentes do aluguer turístico son necesarios para as súas economías ou pagar as hipotecas. Non acabo de ver coherencia entre os diferentes comentarios que se fan", consideraban desde Urbanismo.

 

REPROCHES CRUZADOS

Este fin de semana, na véspera da votación, a alcaldesa pediu o apoio á iniciativa por "responsavidilidad" e "non dar marcha atrás" a unha ordenanza que, insistía, forma parte dun proceso que "xa foi iniciado en mandatos anteriores". "Sería unha irresponsabilidade", lamentaba, en alusión á postura adoptada polos socialistas composteláns, que anunciaron a súa abstención a pesar de que foi durante o último mandato de Sánchez Bugallo que se avanzou nesta materia. Sen o seu voto favorable, caerá unha das grandes promesas electorais dos nacionalistas.  

 

O comunicado do #PSOE santiagués pillou "por sorpresa" ao goberno municipal e a Compostela Aberta, que critica que, con esta decisión, déixase "nas pavías" unha normativa que no pasado, cando a impulsaron os socialistas, si contou co respaldo doutros grupos. "Non comparto a súa postura porque creo na necesidade de limitar as vivendas de uso turístico para que haxa vivenda para os veciños de Santiago", declarou estes días a portavoz de CA, María Rozas, á vez que puxo o acento no "consenso" que existe en Compostela ao redor deste debate.

 

 

Con todo, a determinación comunicada polo secretario xeral do PSOE de Santiago, Aitor Bouza, é que os socialistas se absterán este luns na súa votación, manifestando que a proposta "non regula" os usos preexistentes e convidando a esperar ata que se desenvolva a normativa especial de Turismo de Galicia. 

 

"O que rexeitamos son as formas, non o fondo, porque é unha reiteración do que regulaba o Plan Xeral. Rexeitamos a falta de transparencia, a opacidade, de rendición de contas do goberno municipal. Non imos a validar nin a dar un cheque en branco", criticou Bouza.

 

Cabe destacar que, a pesar da comunicación de Bouza, hai algunhas voces contrarias dentro dos socialistas santiagueses, que mesmo barallan desobedecer a orde dada desde a dirección. Isto faría máis profunda a brecha que existe aínda no PSOE de Santiago, onde existe unha forte división interna desde hai meses. 

 

 

Pola súa banda, desde o PP santiagués censuraron a falta de diálogo entre BNG e PSOE neste asunto, acusando aos primeiros de "soberbios". "As mentiras da señora Sanmartín e o BNG, que antes das eleccións prometeron legalizar as vivendas turísticas", reprochou Borja Verea, portavoz dos populares da capital, onde manifestaron o seu "máis absoluta oposición a que durante 60 días ao ano miles e miles de vivendas turísticas arrasen Santiago" e advertiron do "ridículo" que ao seu xuízo vivirase na votación deste luns.

 

O TURISMO, UN VALOR Á alza

No medio deste debate, as cifras que arroxa a Xunta en torno ao impacto do turismo na economía galega non fan máis que alimentar o debate sobre a idoneidade da proposta en Santiago. O presidente do Goberno de Galicia, Alfonso Rueda, detallou que para este 2024 estímase superar unha nova marca anual de peregrinos e datou para este mesmo mes a repartición da compostelá 200.000 no que vai de ano-. 

 

"Está a conseguirse que a Marca Galicia, algo que é fundamental para nós, para o noso turismo, para representar a Galicia no mundo, teña mellor saúde que nunca", destacou Rueda, subliñando o peso do turismo internacional na ruta xacobea, que cada vez conta cunha oferta maior.

 

 

Pola súa banda, e a pesar da controversia que provoca este debate entre os santiagueses, a Asociación Hostalaría Compostela mostrou o seu descontento por ser relacionada co comunicado difundido pola Plataforma para a Regulación de Vivendas Turísticas (Prevituga), que acusou aos socialistas de "traizoar" á cidade coa súa abstención. 

 

Nesa orde, a colectivo denuncia o "uso indebido" a imaxe da Asociación, por incluír a súa "suposta firma" nun documento do que non tiñan constancia. "Non foi comunicado e moito menos discutido e debatido", explicaban, sinalando a plataforma como responsable e de carecer "de toda lexitimidade para usar de forma torticera e falsa a imaxe da asociación".

 


"Nin nos causa estupefacción a actitude tomada pola dirección do Partido Socialista, nin temos coñecemento de intentos de 'fraude electoral', nin somos coñecedores de ameazas a concelleiras. Isto último, de ser certo, entendemos que debe de ser remitido ao Xulgado de Garda competente por ser as ameazas un delito tipificado no ordenamento penal vixente", engadían no seu escrito. onde deixaban a porta aberta a abandonar esta plataforma, da que forman parte asociacións de veciños, colectivos de hostaleiros e organizacións de distintas disciplinas.
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE