Martiño Noriega colócase de novo á fronte de Anova para as municipais de 2023

Berias ocupará un posto na dirección sen tarefas executivas e a concelleira viguesa Oriana Méndez será coencargada de relacións políticas


|

Martiño Noriega asume de novo a portavocía nacional de Anova a uns meses das eleccións municipais.
Martiño Noriega asume de novo a portavocía nacional de Anova a uns meses das eleccións municipais.

O que fose alcalde de Santiago entre os anos 2015 e 2019, Martiño Noriega, colocouse de novo á fronte de Anova, a organización que impulsou, entre outros, o histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras, tras a súa saída do BNG en 2012, con quen xa compartiu a portavocía nacional en 2014. Con este movemento, a formación nacionalista busca reactivarse tras a dimisión de Antón Sánchez coa mirada posta nas municipais de 2023.

 

Beiras afirmou en días pasados que aos seus "86 anos sería case grotesco calquera participación activa ou protagonista" en política. Con todo, acompañará na Comisión Permanente a quen recibiu a etiqueta de fillo político, pero sen contemplar tarefas executivas.

 

Anova celebrou este sábado unha Coordinadora Nacional, o próximo órgano de decisión entre asambles, na que nomeou unha Comisión Permanente, o equivalente a unha executiva nun partido clásico, con Martiño Noriega como portavoz nacional.

 

Noriega despediuse da primeira liña de batalla política despois do fracaso nas autonómicas de 2020, coa coalición Galicia en Común, encabezada por Antón Gómez-Reino. Esta alianza derivou da exinta En Marea, que renunició a competir no mesmo espazo tras a separación de boa parte do seu capital político. Á súa vez, deveu do primeiro experimento que supuxo Alternativa Galega de Esquerda en 2012, partido no que foron protagonista Beiras e Yolanda Díaz, que lograron irromper no Parlamento con 9 deputados.

 

No últimos tres anos, o de novo portavoz nacional de Anova, que foi tamén alcalde de Teo co BNG, retomou a súa carreira como médico de familia, primeiro nun centro de saúde en Noia e agora, en Santiago. Segundo detallou as fontes consultasdas, manterá esta como dedicación profesional.

O paso que dá despois de que o ex deputado autonómico Antón Sánchez decidise deixar a portavocía nacional enmárcase nun contexto preelectoral para as municipais de 2023 nas que Anova buscará reforzar a súa representación, manter os apoios en candidaturas municipalistas nas que xa participa e tender pontes no espectro da esquerda ao PSOE, en función de cada concello.
 

"DISTANCIA" CON SUMAR

Noriega, aínda que se mantivo apartado da primeira liña, participou en abril deste ano nun encontro privado, xunto ao tamén ex alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro, coa vicepresidenta segunda do Goberno, cando aínda non se lanzou a plataforma 'Sumar', pero xa se falaba do proceso de 'escoita activa' para promover así unha candidatura para as xerais.

 

Fuentes de Anova aseguran, con todo, que a organización se mantén "distante" coa plataforma de Yolanda Díaz, que, pola contra, si ten contactos estreitos con varias mareas municipalistas, como aquelas que encabezan ou protagonizaron os seus ex compañeiros de Esquerda Unida, Rubén Pérez e Jorge Suárez.

 

Unha das persoas que compartiu goberno local con Noriega, Marta Lois, actual portavoz municipal de Compostela Aberta, é unha das persoas clave que colaborou e participa no impulso da plataforma Sumar. Con todo, ela quixo publicamente desmarcar esta implicación do partido local.
 

NOVA DIRECCIÓN

Anova se rearma, pois, cunha das caras que xa estivo á fronte da organización, como portavoz con Xosé Manuel Beiras, o cal ocupará un posto na permanente cunha función máis de peso simbólico e achega, pero sen tarefas concretas. Martiño Noriega, tal e como se decidiu na Coordinadora deste sábado estará acompañado da concelleira de Marea de Vigo, Oriana Méndez, na área de relacións poíticas. Esta tarefa buscará tecer redes de apoios e posibles alianzas no plano electoral.

 

Outros nomes que comparten tarefas executivas son Miguel Anxo Fernán Vello (comunicación), Iria Otero (finanzas), Antonio Negreira (municipalismo), Antía Comesaña (organización) e Iván Rodríguez (Servizos Públicos e Movementos Sociais).

Con este paso dado á fronte de novo por Noriega, que, polo menos polo momento, manterase á marxe da política institucional, Anova reaviva o panorama nacionalista que, actualmente, ocupa de forma hexemónica o BNG no Parlamento co logro electoral de 19 escanos e ser segunda forza política.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE