Xa son máis de 1.750 as hectáreas afectadas no incendio de Boiro

Media Rural mantén a 'Situación 2' por proximidade ao núcleo de poboación de Piñeiro no incendio de Barbanza, mentres que dá por contralado o incendio de Verín.


|

FZfAZD1XgAMIvuM
O incendio iniciado na parroquia de Cures (Boiro), deixa xa máis de 1750 hectáreas calcinadas

A Consellería do Medio Rural informou de que a superficie calcinada no incendio declarado o xoves na parroquia de Cures, na localidade coruñesa de Boiro, ha asciendido a 1.750 hectáreas. A alerta pola proximidade do lume ao nucleo de Piñeiro aínda se mantén.
 

 

Así mesmo, tamén notificou que as hectáreas queimadas no lume da parroquia de Xuntáns, no municipio de Ponte Caldelas —no que tamén está decretada a 'Situación 2' por proximidade do lume ás casas no núcleo de A Canicouva—, alcanzaron xa as 300.

Por outra banda, a Consellería xa deu por estabilizado o incendio iniciado o pasado mércores en Verín que, segundo as últimas estimacións, calcinou unhas 600 hectáreas.

A maiores dos incendios de Boiro e Ponte Caldelas, continúa activo o lumes en Caldas de Reis, con 450 hectáreas calcinadas. Por outra banda, mantéñense controlados os de Arbo (Pontevedra) —parroquia de Mourentán e Barcela— e o da parroquia de Pereiro, no municipio ourensán de A Mezquita. Isto suma un total de sete incendios activos actualmente na comunidade.

Alfonso Rueda, presidente da Xunta, acudiu este sábado ao Centro de Coordinación Central de Incendios, situado en Santiago, para seguir os labores de extinción dos incendios que seguen activos en Galicia. A través dunha publicación en Twitter, Rueda trasladou o seu apoio ás persoas que sofren os incendios e aos profesionais e efectivos que os combaten.

 


En total, os incendios forestais desta última semana en Galicia calcinaron xa máis de 3.500 hectáreas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE