Novo calendario de folga en Ryanair: os sindicatos prolongan o paro con 12 xornadas máis en xullo

Os sindicatos USO e SICTPLA anunciaron doce novas xornadas de folga para os tripulantes de Ryanair en España durante o mes de xullo.


|

Os paróns na actividade da liña aérea irlandesa provocou atrasos e cancelacións en Santiago de Compostela, así como noutros aeroportos de España e do resto do continente.

 

Os paros serán de 24 horas e serán do 12 ao 15 de xullo, do 18 ao 21 de xullo e do 25 ao 28 de xullo. Serán entre semana e non as fins de semana como viñan facendo. 

 

Folga en Ryanair
Folga en Ryanair | Foto: USO

 

Os sindicatos USO e SICTPLA anunciaron doce novas xornadas de folga para os tripulantes de Ryanair en España durante o mes de xullo.

Concretamente, os paros de 24 horas levarán a cabo do 12 ao 15 de xullo, do 18 ao 21 xullo e do 25 ao 28 de xullo nos dez aeroportos españois nos que opera Ryanair.

Tras seis xornadas de folga, reclaman á aerolínea un cambio de actitude e que volva retomar a negociación dun convenio colectivo que recolla unhas condicións laborais dignas e baixo a lexislación española para os seus traballadores, expuxeron nun comunicado.

A portavoz de USO Laura Arrasanz pediu ao Goberno e á ministra de Traballo, Yolanda Díaz, que medie nesta situación ante a "impasividad" da aerolínea. "Non somos traballadores de terceira", salientou.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE