A vacinación pediátrica masiva contra a gripe aos menores de cinco anos transcorre con normalidade en toda Galicia

Durante a xornada de mañá, domingo, o dispositivo permanecerá activo nos hospitais da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ourense.


|

Una niña se prepara para ser vacunada, el día en el que han reanudado el proceso de vacunación infantil, en el recinto ferial de Expourense, a 4 de enero de 2022, en Ourense
Arquivo - Unha nena prepárase para ser vacinada

A campaña de vacinación pediátrica masiva contra a gripe aos menores de cinco anos transcorre con total normalidade en toda Galicia, despois de que se trasladase desde este fin de semana a todas as áreas sanitarias galegas, dado o "éxito" da experiencia piloto a semana anterior na área de Santiago e O Barbanza.

 

Durante este sábado os menores galegos de entre seis meses e cinco anos acudiron, acompañados dos seus proxenitores ou titores, a vacinar nos 14 hospitais públicos galegos habilitados durante este fin de semana para este fin.

 

Segundo fontes da Consellería de Sanidade, a xornada transcorre con normalidade e as familias acoden ao lugar ao que foron citados, para este sábado ou para o domingo, a través dun SMS.

 

Durante a xornada de mañá, domingo, o dispositivo permanecerá activo nos hospitais da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ourense. O horario de vacinación será de 10:00 a 14:30 horas e de 14:30 a 20:00 horas, excepto en Ourense, que vacuará soamente de mañá durante a xornada do domingo.
 

"INCREMENTO DA INCIDENCIA"

Este dispositivo hase activdo despois de que desde o mes de outubro rexistrouse "un repunte" e un "incremento da incidencia", tanto nas consultas de pediatría de Atención Primaria como nas urxencias pediátricas.

 

A pesar disto, o conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, afirmaba este venres que as patoloxías que se rexistran son "menos graves". "Afortunadamente, son patoloxías que non son graves e que non requiren ingreso, pero, en todo caso, cando teñen que ingresar, todas as unidades de hospitalización pediátrica están dispoñibles", remarcou o titular de Sanidade.

Por iso, neste contexto, animaba a "seguir avanzando" na vacinación da gripe nos nenos e nenas de entre 6 meses e cinco anos.

O obxectivo, destacaba o conselleiro, é "previr que o neno contaxie ás persoas máis vulnerables da súa contorna". Por iso, engadiu, "interesa adiantar a cantos máis nenos posible", xa que "o pico da onda da gripe este ano" esperan que "se adiante". "Canto antes vacinemos aos nenos, ese efecto de corte será máis efectivo", subliñou.

Da experiencia da proba piloto da pasada semana, García Comesaña aseguraba que concluíron que, "concentrando" a vacinación en 24 horas, "case se triplicou" o número de vacinas dispensadas, en comparación co que se rexistrou "durante un tempo" nos centros de saúde.

Neste sentido, defendía a "accesibilidade" dese modelo que, segundo indicou, "foi ben vista polos pais e nais", posto que "había certa comodidade co acceso e a atención". "Á vista de que esa solución fomentaba esa accesibilidade, decidimos estendela a todas as áreas sanitarias", relataba o titular de Sanidade.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE