Outra xornada de protestas de profesores convocada para o mércores 6 de maio

O sector crítico coa Consellería promove mobilizacións na tarde do 6 de maio, abrindo a porta a convocar máis xornadas de folga. 


|

Steg protestas
Foto: STEG

 

O pasado martes 28 de abril tivo lugar en Santiago de Compostela unha gran protesta con miles de docentes na rúa protestando polas condicións na que se atopa a educación pública en Galicia. Mestres, alumnos e familias viviron unha nova xornada de folga nos centros educativos da comunidade, a sexta no que vai de curso e, tras o éxito rotundo valorado polos sindicatos convocantes, CIG-Ensino e STEG, propoñen outro día de mobilizacións dentro dunha semana, o mércores 6 de maio nunha vintena de municipios.

 

 

ACORDO SOBRE "UNHA BASE INCORRECTA"

Neste contexto sobrevoa xa a convocatoria da sétima xornada de folga na educación galega no que vai de curso. A este ritmo, e contando as vacacións, practicamente imos a folga por mes no ensino galego durante o curso 25/26, un ritmo que pon de manifesto a urxencia dos docentes, que demandan melloras significativas e inmediatas máis aló das anunciadas polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez. 

 

 

A semana pasada foi noticia a firma dun acordo entre a Consellería e catro centrais sindicais onde se acordou a redución horaria do profesorado de Secundaria, pasando ás 18 horas lectivas a partir do curso 2026/27, melloras na atención á diversidade ou unha reducacción de cocientes que, no entanto, non se aplicará até 2028. 

 

Comisións Obreiras, UXT, ANPE e CSIF rubricaron o pactado nunha negociación onde non estiveron presentes nin a CIG, a pesar de ser o sindicato maioritario na mesa sectorial, nin STEG. Así, os sindicatos críticos manifestan que este 'Acordo de Melloras' realizouse sen "constituír un marco válidos de negociacións, dado que parte dunha base incorrecta". "Carece de compromisos explicitos de contratación de profesorado e non foi asinado no seu momento nin por STEG nin pola CIG", recalcan. 

 

 

MÁIS FOLGAS?

Precisamente desde STEG fan un novo chamamento a secundar as protestas organizadas de face á próxima semana despois do que catalogan como "un éxito na xornada de folga do 28 de abril", unha xornada á que tamén se sumaron as Asembleas Abertas do Ensino Público, un movemento que se estendeu polos centros educativos do país e que está a favorecer a mobilización do colectivo. 

 

Ao longo do ano sucedéronse as protestas, as concentracións e, mesmo, os peches dentro da Consellería de Educación, demandando ao conselleiro -ao que afean difundir unhas cifras de participación a propósito de que, segundo STEG, non se corresponden coa realidade- unha reunión que até agora non tivo lugar. 

 

 

Desde a central sindical cren que Rodríguez está "inquieto" por ver aos docentes "máis mobilizados que nunca" e sumando muescas a cada xornada de folga que se sucede na educación galega. Segundo os cálculos do sindicato foron ao redor de 5.000 os profesores que protestaron en todas as etapas educativas e especialidades na manifestación na capital galega. 

 

Puede ser una imagen de una o varias personas y texto
Protesta do 28 de abril | Foto: CIG-Ensino


Coa previsión de que as protestas enmarcadas para a tarde do 6 de maio conten cunha gran acollida, desde STEG subliñan que as voces críticas, representadas polos sindicatos, federacións de ANPAS, sindicatos estudantiis/estudantís e entidades educativas, "seguirán coas mobilizacións mentres os responsables da Consellería non acepten negociar directamente con elas", abrindo desta maneira a porta a máis xornadas de folga. 
 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE