Aumentan até 14 os casos confirmados de Mpox, "as vexigas do mono", en Galicia

A Dirección Xeral de Saúde Pública vin de actualizar a dimensión do brote, con dous casos máis desde a última actualización.


|

Virus mpox
Foto: EP

 

Aumenta o número de afectados polo virus Mpox en Galicia, tal e como veñen de confirmar as autoridades sanitarias nun brote que, sen estar contido, tampouco se disparou desde a notificación do primeiro caso, que rexistrou os primeiros síntomas en torno ao 12 de decembro de 2025. Hoxe, dous meses despois, son 14 os casos confirmados deste brote da coñecida como "vexigas do mono". 

 

 

MÁIS CASOS

Desde a Dirección Xeral de Saúde Pública constatan que os afectafdos son todos homes, dun rango que vai desde os 27 anos até os 65, e que unha ducia dos afectados pertencen á provincia da Coruña. Tan só dous notificáronse en Pontevedra. 

 

Atendendo a estes datos, nunha ducia de casos o mecanismo de transmisión foron as relacións sexuais, mentres que en dous casos aínda non se puido determinar a causa. En paralelo, dous dos afectados recibiran a vacina, mentres que do total do os 14 confirmados, só un requiriu de ingreso hospitalario, aínda que todos referiron síntomas.

 

 

"O risco xeral desta infección na comunidade galega segue sendo moi baixo, pero a Consellería de Sanidade lembra a importancia de seguir unhas recomendacións básicas de prevención e actuación en caso de presentar síntomas compatibles co mpox ou de ser contacto estreito dunha persoa diagnosticada", subliñan as autoridades sanitarias nun comunicado sobre esta enfermidade que definen como "leve e autolimitada", sobre a que a detección precoz e a colaboración cidadá "son claves para evitar a súa transmisión".

 

RECOMENDACIÓNS E VACINA

Nese sentido, lembran que se unha persoa manifesta síntomas  febre, malestar xeral, ganglios inflamados ou lesións na pel...) debe evitar o contacto con outras persoas, especialmente a través de relacións íntimas, até recibir unha valoración dos médicos. Extremar a hixiene, usar máscaras e cubrir as lesións cutáneas son outras das indicacións. 

 

 


"En caso de ser contacto estreito (persoa que tivo unha exposición directa e prolongada cun caso confirmado, especialmente con contacto físico próximo), débese: vixiar a aparición de síntomas durante 21 días desde o último contacto, reducir as interaccións sociais e, en caso de aparición de síntomas, contactar de inmediato co sistema sanitario e evitar o contacto con outras persoas", engaden.

 

Mpox
Foto: RTVE

 

Sobre a vacinación, as autoridades sanitarias lembran que se trata de "unha ferramenta útil de prevención e recoméndana para aquelas persoas dos grupos de "risco elevado" tanto por "a súa situación ou profesión" como por "prácticas de risco ou persoal sanitario exposto" como aos contactos estreitos de casos confirmados que non teñan atencedentes de infección previa. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE