Protestas contra a caza, especialmente contra a caza con can, en Santiago, Vigo e A Coruña
A convocatoria anual da Plataforma NAC (Non á Caza) mobilizará este domingo a decenas de cidades españolas contra a actividade cinexética e, en particular, contra a caza con galgos e podencos, unha práctica que segue sendo legal en España a pesar das críticas de colectivos animalistas. As marchas terán lugar ás 12:00 na península e ás 11:00 en Canarias.
Plataforma NAC (Non Á Caza) convoca concentracións celebraranse en tres puntos: Vigo (Vía Norte con Urzaiz), A Coruña (Obelisco) e Santiago de Compostela (Parque da Alameda). A organización chamou á cidadanía a saír á rúa para esixir o fin dunha “tradición” que, nas súas palabras, “antepón diversión e negocio ao sufrimento e abandono de miles de animais”. “Os animais non son ferramentas nin obxectos, a súa vida e dignidade merecen respecto”, destaca a Plataforma no seu comunicado difundido en redes sociais.
As manifestacións coinciden co mes de peche da tempada de caza, un momento especialmente delicado para os cans utilizados durante a actividade. Cada ano centenares de galgos e podencos son abandonados ou sacrificados ao concluír o período cinexético.
Galicia súmase a un movemento estatal
O movemento “Non á Caza”, que naceu fai máis dunha década, estendeu a súa convocatoria a decenas de cidades, entre elas Madrid, Sevilla, Valencia, Zaragoza, Bilbao, As Palmas e Palma de Mallorca. En Galicia, colectivos locais de protección animal uníronse á protesta, e nalgunhas localidades anuncian que tamén recollerán firmas para pedir unha reforma lexislativa a nivel estatal.
O Partido Animalista PACMA confirmou a súa participación en varias das manifestacións, incluíndo as de Sevilla, Murcia, Barcelona, Madrid e Zaragoza, e reiterou que seguirá apoiando iniciativas que, segundo a formación, “pretenden visibilizar a crueldade e presionar ás institucións para que deixen de subvencionar ou fomentar a caza”. Desde o PACMA recalcan que esta práctica “xa non ten cabida no século XXI”.
España, a excepción europea
España é o único país da Unión Europea onde segue permitir a caza con galgos e podencos, algo que as organizacións animalistas consideran unha anomalía respecto dos estándar europeos de benestar animal. No seu manifesto, NAC denuncia a existencia de criadores ilegais e cazadores que manteñen cans en condicións precarias e difíciles de rastrexar, en zonas rurais ou instalacións clandestinas. A plataforma reclama un cambio cultural e legal que poña fin ao que cualifican como unha forma normalizada de malos tratos.
Aínda que o sector cinexético non emitiu aínda unha resposta oficial á convocatoria, asociacións de cazadores defenderon en anteriores ocasións que esta actividade é clave para o control de poboacións silvestres e para a economía rural. As organizacións animalistas, en cambio, insisten en que existen modos alternativos de xestión ambiental que non implican o sufrimento dos animais.
Escribe o teu comentario