Protesta en Santiago o 1 de febreiro contra a deterioración e os continuos colapsos da sanidade pública

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia convoca a mobilización na capital galega, coa presenza da actiz Isabel Risco ou a banda De Ninghures.


|

Archivo - Cientos de personas durante una manifestación en defensa de la sanidad pública, en el parque de la Alameda, a 4 de febrero de 2024, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España).
Arquivo - Centos de persoas durante unha manifestación en defensa da sanidade pública, no parque da Alameda

 

O vindeiro domingo 1 de febreiro, e como vén sendo habitual no segundo mes do ano dun tempo para acó, a Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia convoca a toda a poboación galega a unha gran mobilización nas rúas de Santiago de Compostela baixo a lema 'Mobilízate para defender ou teu dereito á saúde', unha protesta que busca denunciar a deterioración da sanida pública nun momento especialmente complexo, despois dos multiples episodios de saturación en hospitais e centros de saúde de toda a rede do SERGAS.

 

 

GRAN PROTESTA

A protesta, que arrincará na Alameda e desfilará pola Zona Vella da capital até concluír na Praza do Obradoiro, quere pór o foco sobre a "destrución" e "privatización" á que está a ser sometida a sanidade pública a mans do PP de Galicia, segundo denunciaron desde a plataforma na comparecencia deste mércores. 

 

Ao acto no Centro Socio Cultural dás Fontiñas, asistiron, ademais de representantes de SOS Sanidade, membros das formacións políticas BNG e Podemos, ademais de representantes de sindicatos como CC.OO. ou CIG. Na protesta, será a intérprete Iscabel Risco a encargada de  "amenizar a manifestación" e o grupo De Ninghures actuará no momento da lectura do manifesto, a cargo dos portavoces dos colectivos participantes. 

 

 

"Ou nos mobilizamos ou o sistema seguirá colapsado e en permanente destrución", advirten os promotores da protesta, que pon o foco sobre as "listas de espera interminables", o "acceso imposible aos centros de saúde e PAC", así como o colapso nos servizos de Urxencias en hospitais "desmantelados" onde faltan tanto profesionais como recursos, segundo a análise do colectivo. 

 

Cientos de personas durante una manifestación en defensa de la sanidad pública, en el parque de la Alameda, a 4 de febrero de 2024, en Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia (España). La plataf
Centos de persoas durante unha manifestación en defensa da sanidade pública na Praza do Obradoiro

 

A solución para esta crise, insisten, atopouna a administración pública "desvando miles de pacientes e de diñeiro aos hospitais privados", algo que tivo a súa repercusión nun aumento dos seguros privados que, no entanto, "non cobren a maior parte das enfermidades", critican. 
 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE