A Coruña non descarta emprender sancións tras o bluf do mercadillo do Nadal en María Pita

O Concello non esconde o seu enfado ante o decepcionante resultado do mercadillo do Nadal e sinalan á adxudicataria.


|

WhatsApp Image 2025 12 29 at 18.00.18
Mercadillo do Nadal da Coruña

 

O goberno local da Coruña non descarta sancionar á empresa adxudicataria do mercadillo do Nadal por "incumprimentos", segundo sinalou, a preguntas dos xornalistas, a rexedora, Inés Rey, ante as queixas de comerciantes, tamén da empresa que asumiu instalar a electricidade, sobre a actuación de NC7 Events.
 


E é que ante as denuncias sobre problemas coas casetas, máis dunha decena dos instalados optaron por non seguir á fronte das mesmas, co que se reduce o número das que deberían estar abertas.

"Entendo a decepción dalgúns comerciantes", sinalou a alcaldesa da Coruña, que destacou, no entanto, "a afluencia" de visitantes "desde a primeira semana" e que considerou "moi positiva".

Con todo, admitiu a existencia de "incumprimentos" por parte da empresa adxudicataria e engadiu que por parte do goberno local requiriuse á empresa o "cumprimento dos pregos" polos que resultou adxudicataria.
 


"Utilizaremos os instrumentos legais na nosa man para que se cumpra o pactado", engadiu para incidir en que o goberno local ten "capacidade de sancionar" e que estudará as medidas a adoptar.

"Existen algúns incumprimentos moi graves que poden ser sancionados cunha multa e podemos iniciar un procedemento mesmo con prohibición de concorrer a licitacións públicas durante tres anos", citou en relación ás posibles medidas, entre as que non descartou reclamar indemnizacións. "Estamos a estudar todas as posibilidades", reiterou.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE