Condenan por intrusismo a unha higienista dental que traballaba en Galicia sen título homologado

A Audiencia de Pontevedra emitiu unha sentenza compartida polo Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia.


 


|

Higienista dental
Foto: EP

 

O pasado 23 de outubro a Audiencia Provincial de Pontevedra referendou a condena emitida en primeira instancia polo Xulgado do Penal núm. 3 de Vigo contra unha presunta higienista dental que operaba na comunidade galega sen contar coa documentación necesaria para poder traballar en Galicia. Do fallo faise eco o Colexio Profesional de Hixienistas Dentais de Galicia, que celebra a sentenza condenatoria.

 

 

SEIS MESES DE PRISIÓN

O texto do xuíz estima que a acusada, aínda que contaba cunha licenciatura de Cirurxián Dentista, título expedido en México, o mesmo "non foi homologado en España", polo que se trataría dun delito de intrusismo profesional no ámbito da hixiene dental, cunha pena de seis meses de cárcere para a procesada e o pago das costas procesuais. 

 

"Mediante a referida Sentenza, o Tribunal confirmou a existencia dun delito de intrusismo profesional polo que fora condenada a acusada", resolven desde o Colexio, á fronte da denuncia, onde recalcan que "a pendencia de homologación non confire habilitación para desenvolver as funcións reservadas á profesión de Higienista Dental". 
  
"O feito de posuír unha titulación estranxeira sen homologar é equivalente a carecer de título algún", inciden no seu comunicado. A sentenza empata directamente cun problema crecente, que é o dos inmigrantes residentes en España que, a pesar de ter titulación e coñecementos, non contan coa homologación necesaria para poder exercer no país. A falta de suficientes médicos e outros titulados sanitarios podería ser paliada coa incorporación de licenciados extrajeros, pero a burocracia e a tardanza á hora de resolver os expedientes están a dar ás a mafias que falsifican os documentos.

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE