Sanidade cualifica de "gran salto adiante" a nova estratexia galega de enfermidades raras
Así o sinalou o conselleiro de Sanidade durante a inauguración da segunda edición do Congreso Nacional de Esclerodermia para pacientes, que organiza a Asociación Española desta enfermidade e que se celebra a Consellería.
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, enxalzou o modelo galego de atención ás enfermidades raras e avanzou que a nova estratexia galega fronte a estas patoloxías suporá un "gran salto adiante" na accesibilidade aos tratamentos.
Así o sinalou durante a inauguración da segunda edición do Congreso Nacional de Esclerodermia para pacientes, que organiza a Asociación Española desta enfermidade e que se celebra a Consellería.
O titular da carteira sanitaria galega apostou por unha atención multidisciplinar e continuada destes pacientes. Así, lembrou que Galicia conta cun rexistro de pacientes que axuda a coñecer mellor a realidade das persoas que padecen estas patoloxías e, desta forma, poder ofrecer servizos máis adaptados ás súas necesidades.
O conselleiro indicou que neste rexistro galego de pacientes con enfermidades raras figuran máis de 5.300 persoas, entre elas, 45 con casos de esclerodermia, sendo a gran maioría mulleres.
Detrás destas cifras, apuntou o conselleiro, hai persoas que sofren e afrontan unha vida de desafíos. Neste sentido, apostou por seguir avanzando e defender a investigación e o desenvolvemento de novas terapias.
Escribe o teu comentario