Probas con sirenas este martes e mércores para aviso á poboación que vive preto de 41 presas

A maiores, activaranse as catro sirenas adscritas ao plan de emerxencia exterior da balsa de lodos vermellos, situada en Xove
 


|

Archivo - El embalse de Velle liberando agua del río Miño, a 4 de noviembre de 2023, en Ourense, Galicia (España). La borrasca Domingos ha dejado en la provincia de Ourense 32 incidencias, entre la
Arquivo - O encoro de Velle liberando auga do río Miño

 

A Xunta ten previsto realizar este martes e mércores, días 17 e 18 de xuño, unha activación de proba das sirenas de aviso á poboación adscritas a 41 presas con Plan de Emerxencia.

Durante a proba sonora activaranse máis dun centenar de sirenas situadas por todo o territorio: Alúmina, Emalcsa, Endesa, Iberdrola, PHG, Naturgy, Xeal, Adianta, e Augas de Galicia.

Tamén participará persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, así como membros de Protección Civil dos concellos afectados, xunto con persoal da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

A maiores, activaranse as catro sirenas adscritas ao plan de emerxencia exterior da balsa de lodos vermellos, situada en Xove.

Estas probas non afectarán á actividade diaria dos veciños. En calquera caso, a poboación dos lugares nos que o aviso será audible será informada da proba e das medidas de autoprotección previstas en caso de emerxencia.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE