O Servizo de Anatomía Patolóxica do CHUS recibe a acreditación ISO 15189 pola súa "calidade asistencial"
Segundo explicou a Xunta nunha nota de prensa, os laboratorios deste servizo do hospital compostelán serán os primeiros da rede pública galega en dispor dunha acreditación que os autoriza para a realizar probas moleculares de cancro
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, xunto co xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Anxo Facio, participou este domingo no acto de entrega da acreditación ISO 15189 en Patoloxía Molecular ao Servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela pola súa "calidade asistencial".
Segundo explicou a Xunta nunha nota de prensa, os laboratorios deste servizo do hospital compostelán serán os primeiros da rede pública galega en dispor dunha acreditación que os autoriza para a realizar probas moleculares de cancro, "o que permitirá unha maior precisión na obtención dos datos xenéticos dos pacientes".
Ademais, insistiu en que a acreditación ISO 15189 é "especialmente relevante" no contexto do novo regulamento europeo sobre produtos sanitarios para o diagnóstico in vitro (IVDR), "que esixe que os laboratorios que utilizan reactivos sen marcado CE teñan esta acreditación".
Con todo, celebrou que "os pacientes galegos recibirán diagnósticos máis precisos e tratamentos máis eficaces, con menos efectos secundarios e mellores resultados".
Escribe o teu comentario