Nova folga do sector de residencias de anciáns ante a falta de negociación da patronal

As traballadoras do sector de residencias e centros de día da provincia da Coruña inician este mércores unha nova mobilización. O desencontro coa patronal é tal que agora mesmo non hai ningunha negociación en marcha. O mércores tamén hai unha mannifestación en Ferrol que partirá desde unha residencia do Bispado.

 


|

Una manifestante el sábado en la protesta de las trabajadoras de residencias en una foto de CIG
Arquivo- Unha manifestante o sábado na protesta das traballadoras de residencias nunha foto de CIG

 

O cuarto paro do sector das residencias nos últimos meses  será acompañado cunha manifestación que arrincará o 21 de maio ás 11:00 horas desde a residencia A miña Casa, pertencente á Igrexa Católia pero xestionado por Idade Dourada Mensaxeiros da Paz. A marcha avanzará polas vías principais da cidade até chegar ao Concello, onde se realizará unha concentración de 10 minutos. Posteriormente, a comitiva dirixirase ao edificio da Xunta na praza Camilo José Cela, onde permanecerán media hora e entregarán un rexistro de firmas recollidas na comarca para esixir melloras na atención á dependencia.

 

 

 

Condicións laborais no punto de mira

As mobilizacións enmárcanse nun conflito prolongado que afecta a todos os centros privados da provincia. As empregadas denuncian sobrecarga de traballo, quendas cambiantes e falta de persoal, o que impide cumprir cos cocientes mínimos de atención a maiores dependentes. Ademais, sinalan que as tarefas de limpeza e coidados recaen en gerocultoras sen a formación axeitada, diminuíndo a calidade do servizo.

 

Fontes da Confederación Intersindical Galega (#CIG) confirmaron hoxe a Galiciapress que actualmente non hai diálogo coa patronal. As traballadoras esixen un convenio colectivo que garanta salarios dignos, estabilidade horaria e permisos retribuidos, demandas que levaron aos tribunais en casos anteriores. 

 

A falta de respostas derivou nun incremento das protestas. A precariedade laboral non só afecto ás empregadas, senón tamén aos usuarios. A escaseza de persoal e a rotación constante dificultan o seguimento de persoas con alta dependencia, expóndoas a riscos no seu coidado diario. Esta situación contrasta cos prezos das residencias privadas, que superan os 2.500 euros mensuais por praza, segundo denuncias sindicais.

 

O sector das residencias galegas enfronta un déficit estrutural, cunha oferta insuficiente para cubrir a demanda de prazas —especialmente en Ferrol, onde un 32% da poboación supera os 65 anos—. Isto mete presión á Xunta, que depende do sector privado para xestionar a enorme demanda, dado que desde hai décadas a administración galega non ha construído ningunha residencia e, de feito, privatizou a xestión dos asilos que lle regalou recentemente a Fundación Amancio Ortega.

 

La conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, en la residencia de mayores de Boqueixón (A Coruña)
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, na residencia de maiores de Boqueixón (A Coruña)

 

A Xunta mira cara a outro lado coma se o conflito non fóra con ela

 

A Xunta de Galicia mantén unha posición de desvinculación no conflito laboral das residencias privadas da Coruña, argumentando que se trata dunha disputa entre empresas e traballadoras.A súa xestión foi criticada por sindicatos e traballadoras, quen a acusan de pasividade e de non garantir condicións dignas nun sector crave para o envellecemento poboacional galego.

 

Durante as folgas, a Xunta estableceu servizos mínimos do 75% ao 100% en residencias, unha medida cualificada pola CIG como "abusiva" e contraria ao dereito á protesta. Estas esixencias complicaron a participación nas mobilizacións e foron denunciadas ante tribunais por vulnerar dereitos laborais.

 

Mentres a Xunta anuncia a construción de 24 novas residencias con 1.800 prazas en municipios pequenos —un proxecto presentado como "histórico" por Alfonso Rueda—, as traballadoras esixen solucións inmediatas á precariedade salarial e laboral . As sindicalistas tachan estas medidas de "discursos buxán" e reclaman recursos para mellorar as condicións actuais, non só ampliar a oferta. Fabiola García reiterou a disposición do seu departamento a "velar pola calidade de vida das persoas maiores" mediante inspeccións, aínda que sen abordar as demandas salariais ou a redución de xornada.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE