HM Hospitais e Adeslas negocian para que A Rosaleda siga atendendo a Muface

Fontes oficiais do grupo HM Hospitais indicaron onte a Galiciapress que están a negociar con Adeslas a permanencia do hospital HM A Rosaleda para os mutualistas de Muface. O sindicato CIG denunciou esta semana que a aseguradora eliminara este centro do seu cadro médico, deixando aos mutualistas composteláns asegurados en Adeslas sen un hospital para as urxencias médicas.


|

Archivo - Hospital HM Rosaleda ubicado en Santiago de Compostela, uno de los centros integrados en Ahosgal.
Arquivo - Hospital HM Rosaleda situado en Santiago de Compostela, un dos centros integrados en Ahosgal.

 

Portavoces da empresa hospitalaria explican que efectivamente o hospital xa non está no cadro médico de Adeslas, como tamén se pode comprobar na web da aseguradora. Con todo, insisten en que se está tentado chegar a un acordo polo ben dos mutualistas.

 

De non alcanzalo, os asegurados de Muface en Santiago terían que recorrer a hospitais do grupo Quirónsalud na Coruña e Pontevedra, que están a máis de media hora de distancia en coche.

 

A CIG cargou contra o recorte. Para o sindicato nacionalista, estamos ante unha proba da suposta cobiza das aseguradoras médicas, pois Adeslas, di, introduciu ese cambio despois de lograr que Muface aumentase o concerto para os próximos anos, tras ameazar as aseguradoras con deixar sen cobertura aos funcionarios.

 

 

A novidade prodúcese xusto cando está aberto o prazo para cambiar de aseguradora. De feito, hai miles de persoas con pólizas de DKV -aseguradora que non se presentou ao novo convenio con Muface- que teñen até final de mes para escoller entre Adeslas, Asisa ou a sanidade pública, o SERGAS.

 

Por agora, o cadro médico de Asisa para 2025 na provincia da Coruña inclúe o HM A Rosaleda. Con todo, se isto cambia, os asegurados de Muface en Santiago de Compostela quedarían sen ningún hospital para urxencias sanitarias.

 

Para CIG, a inestabilidade e os recortes das aseguradoras son mostra de que o modelo de aseguradoras privadas debe deixar atrás e que todos os traballadores públicos deben ser atendidos polo SERGAS. Con todo, hai que ter en conta a difícil situación dalgúns servizos da sanidade pública. Neste caso, en particular, as longas esperas e os atascos periódicos que sofren as urxencias do CHUS de Santiago, o hospital do SERGAS na capital de Galicia. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE