Alerta amarela por tormentas en Galicia para este venres
As temperaturas mínimas do venres experimentarán un lixeiro ascenso, con máximas sen cambios. O vento soprará de dirección variable, con especial predominancia sur no interior
A Axencia Estatal de Meteorología (Aemet) activou unha alerta amarela por tormentas e fortes choivas en Galicia para este venres, 2 de maio.
En concreto, esta alerta irá desde mediodía até medianoite nas catro provincias por tormentas localmente fortes e choivas de máis 15 litros por metro cadrado.
Pola súa banda, Meteogalicia explica que este venres entra a Galicia unha borrasca polo sur, desde Portugal, tras unha xornada de xoves de transición tamén con algún chuvasco illado.
As temperaturas mínimas do venres experimentarán un lixeiro ascenso, con máximas sen cambios. O vento soprará de dirección variable, con especial predominancia sur no interior.
Escribe o teu comentario