Folga nas residencias galegas contra a "ditadura esclavista" da patronal precarizando os coidados

Os profesionais do sector marcharon en cidades como Ferrol en defensa dunhas condicións salariais e laborais dignas para o persoal.


|

WhatsApp Image 2025 04 10 at 09.06.51
Foto: CIG

 

A situación dos traballadores das residencias galegas resúmese en que son poucos, apenas teñen medios e están ao bordo do colapso. Despois da pandemia cabería esperar que as grandes firmas e as administracións públicas poríanse ao choio en mellorar este sector que tan mal o pasou durante a crise sanitaria, pero que cinco anos despois da Covid-19 afirma estar moito peor que entón. Neste caldo de cultivo, os profesionais dos xeriátricos de toda Galicia tomaron a palabra e acudiron en masa ás mobilizacións convocadas para este xoves 10 de abril, na primeira dunha serie de protestas que tratarán de visibilizar a delicada situación na que se atopan. 

 

 

"NON SOMOS ESCRAVAS"

Chamados pola CIG, centos de traballadores acudiron a este primeiro día de paro, que terá o seu eco o próximo 22 de abril, ademais de nos días 7 e 21 de maio. En Ferrol saíron ao berro de "Convenio digno!" ou "Non somos escravas, somos traballadoras" os manifestantes marcharon desde primeira hora da mañá con protestas ante a residencia DomusVi Ferrol, ademais de noutros xeriátricos. 

 

Trátase da resposta sindical a "a parálise na negociación colectiva por parte da patronal", que despois de varios encontros para dialogar a mellora das condicións do persoal, "deu por rota a mesa tras presentar en setembro pasado unha proposta inasumible para as traballadoras". 

 

WhatsApp Image 2025 04 10 at 11.33.37
Foto: CIG

 

Ferrolterra non é a única comarca nesta situación, senón que en toda Galicia mobilizáronse os traballadores para denunciar "as condicións de precariedade tanto salariais como laborais nas que estamos a traballar". Nese sentido, remarcan os "salarios miserables" que "na maioría de casos non chegan ao SMI". Trátase dunha maioría, pois a CIG cifra en 8.000 traballadores, dun total de 12.000, os que se atopan nesta condición de marxinación salarial. 


A continuación, subliñan que neste clima os coidados empeoraron sensiblemente, cunha atención aos maiores cada vez máis pobre pola imposibilidade de chegar a todos os recunchos cos persoais decimados como atopan: "Queremos denunciar que a actitude ditatorial desta patronal que está a converter ás residencias de maiores en fábricas de precariedade, empobreciendo, cada vez máis a calidade da atención que prestamos, empresas ás que só lles preocupa facer caixa a custo dos usuarios".

 

 

INACCIÓN DA XUNTA

Por outra banda, desde a CIG dirixen o foco á Xunta de Galicia e ás demais administracións públicas, censurando no caso de Galicia as "políticas privatizadoras das políticas sociais do PP e o poder que lle outorgan á patronal para explotar ao persoal", algo que empuxa aos afectados a "soportar unhas condicións de escravitude". 

 

WhatsApp Image 2025 04 10 at 09.06.50
Foto: CIG


"Queremos denunciar a actitude que en todo este tempo está a ter a Xunta de Galicia, coa súa conselleira de Política Social ao mando, Fabiola García, a que, a pesar de ter solicitada unha reunión desde o mes de setembro, nin tan sequera se digna a falar connosco", reprende a CIG, envolvida nunha guerra particular con Fabiola García, que acusou o sindicato de "sexista" por caricaturizar á conselleira. 

 

 

No entanto, desde a CIG sempre sostiveron que a conselleira só trata de levantar unha cortina de fume para tratar de ocultar as "nefastas e perversas prácticas empresariais" da que a Xunta é "sabedora" e que non sanciona no seu labor como inspectora dos centros, "mercantilizando e convertendo os coidados nun privilexio". 
 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE