A galegas Bala quentarán o inverno cun concerto na Razzmatazz

A sala de concertos barcelonesa acollerá ao dúo o próximo 20 de decembro.


|

Unnamed (23)
Bala

 

Ao frío inverno prenderalle lume o rock incendiario e as letras corrosivas de Bala, unha das formacións máis fogosas da escena musical en Galicia e que xa prepara os seus concertos para pechar o ano cando aínda ten por diante un verán cargado de datas. Con todo, o dúo xa anunciou unha data para finalizar este 2025, ano de consagración tras a publicación de 'Besta', álbum co que regresan a Barcelona.

 

REPETINDO NA CIDADE CONDAL

A súa visita a Cataluña o próximo 20 de decembro non é unha ocasión menor, pois Bala tocará nin máis nin menos que na Sala Razzmatazz, onde repiten para porlle a guinda a un ano cheo de concertos e á xira de Besta. 

 

Unnamed (22)

 

As entradas para o concerto xa están á venda e desde Bala prometen que será unha ocasión irrepetible para gozar do seu "irresistible directo" nunha xira que, como no seu último traballo, móstranse "reivindicativas e sen pelos na lingua".

 

 

Con máis dunha década encima dos escenarios e con catro discos xa no zurrón, as galegas non se baixan do burro e seguen sendo un éxito tanto de público como de crítica. Proba diso son os seus concertos en Granada e Sevilla os días 10 e 23 de maio ou a súa confirmación na Riviera de Madrid para o 3 de outubro.
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE