(VÍDEOS) Fillas de Cassandra esperta do seu letargo e regresa cun novo disco 'Hibernarse'
A formación composta por Sara Faro e María SOA lanza o seu segundo traballo co tempo como eixo central.
Como adoita dicir por aquí, "Sen tempo non foi!". Moitos levabamos meses e meses esperando polo novo de Fillas de Cassandra, o dúo que na primavera de 2023 puxo patas para arriba a escena galega coa irrupción de' Acropole', un primeiro traballo que recibiu unha sonora aclamación tanto por parte do público como da crítica e que deixou aos oíntes con ganas de máis. Sen deixar de traballar neste tempo, e coa xira de' Últimas dionisíacas' para darlle unha volta de porca a ese primeiro LP, Sara Faro e María SOA regresan cun novo disco chamado 'Hibernarse'.
CUESTIÓN DE TEMPO
Este novo disco ten o tempo como elemento central, desde o seu investimento até o seu gasto, algo que xa deixaron entrever hai uns días co adianto do que ía suceder este xoves 10 de abril, cando salgue o traballo en todas as plataformas, coa publicación dun tema man a man con Caamaño & Ameixeiras.
O disco vén con moitas cousas debaixo do brazo, como un videofilm, un fanzine ou a públicación de' Feito_a_man_v1', a última peza no percorrido de faragullas de pan que esta parella artística ha ido deixando durante semanas, coa súa carga crítica nun tema que serve como porta de entrada ao álbum e convida a tomar as cousas con calma e co mimo que requiren dentro dunha sociedade que se move a 1.5x.
"Hibernarse é o resultado dun proceso de maduración musical e discursiva fiado amodo por María SOA e Sara Faro", indican na publicación deste proxecto multiformato que supón o inicio dunha nova etapa para Fillas de Cassandra, que actuaron nestes dous anos en festivais de todo o territorio, ademais de en salas doutros puntos de España e con xiras e actuacións no estranxeiro.
Neste tempo tiveron tempo a reflexionar, seguramente nas súas moitas horas de furgoneta de cidade en cidade, sobre o proceso creativo e sobre a dedicación que merece o mesmo até chega a un novo disco, confeccionando un universo no que se critica desde a esixencia do mundo até a fraxilidade da memoria.
MÁIS QUE UN DISCO
O disco está producido por Greta Ch’aska, Mumbai Moon e Fillas de Cassandra, mentres que fanzine corre a cargo da deseñadora Kika V. Ramil co que podemos repasar os dous anos de experiencias que atesouraron María SOA e Sara Faro.
Mentres, o videofilm está dirixido por Santi Iglesias, Sergio 'Steel' e as dúas protagonistas que visibilizan o traballado de deseñadoras da talla de Lidia Agra ou Elísabet Millán ou das xoias de Toda Fráxil.
Escribe o teu comentario