(VÍDEOS) Rebenta unha tubaxe de auga quente e alaga o Hospital de Ourense onde xa caeu o teito do Materno Infantil

Este suceso ocorre só 11 días despois dun desprendemento no servizo Materno Infantil que puxo en xaque a asistencia no centro.

 


|

Una tubería rota inunda la primera planta del Hospital de Ourense

Unha tubaxe de auga quente rebentou na entrada do Edificio Cristal do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), o que provocou o esborralle dunha parte do falso teito 11 días despois de que ocorrese o mesmo no servizo Materno Infantil.
 


Segundo trasladaron fontes sindicais, o accidente ocorreu na mañá deste mércores, sobre as 10.00 horas, cando un cano de auga rompeuse, causou este desprendemento e creado unha fervenza de auga que alagou a primeira planta, o soto -1 e que alcanzou a zona de laboratorios. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, cargou contra a Xunta por este novo episodio.
 


Desde o sindicato de Enfermaría Satse manifestaron que non é a primeira vez que ocorre algo así e aseguraron que é "algo divino" que non estivese a pasar ninguén nese momentou, porque é unha zona de paso que sempre está chea de xente.
 


Nesta liña, a organización valorou que é un dano "importante", xa que a escaiola do teito segue mollada e, no momento que se poñan a arranxala, terán que cortar o corredor ao público.

 


Pola súa banda, fontes do CHUO confirmaron os feitos e aseguraron que a avaría se reparou "inmediatamente", recuperando a plena normalidade en menos de 30 minutos grazas á "rápida intervención" dos servizos de mantemento e limpeza do hospital.

 

A REACCIÓN DO BNG

O #BNG xa reaccionou ao ocorrido e, a través dunha nota de prensa, ha denuciado que, a pesar da "demagoxia e propaganda" do Partido Popular, as instalacións do hospital ourensán non están "adecuadamente revisadas" e que "cada dous por tres" teñen un accidente, aludindo ao derrube do Materno.
 


A deputada autonómica Noa Presas engadiu que este é o "terceiro suceso" similar en ano e medio, e que desde o PP votouse en contra tanto de facer públicos os informes como de constituír unha mesa de traballo co persoal para abordar o desaloxo e as futuras obras, ademais de "#negar a dar explicacións" sobre as obras do novo edificio de hospitalización, que levan "seis meses paralizadas".
 


Presas lembrou que o ocorrido é a "imaxe da vergoña" e un reflexo da "precariedade" da situación da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras. "Poderíase evitar", concluíu.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE