Probas rápidas, anónimas e gratis de VIH e hepatites C en zonas de marcha e festivais de Galicia
Serán en polo menos 48 localizacións das catro provincias galegas e as persoas que dean positivo serán derivadas ao sistema sanitario
A Xunta realizará probas rápidas anónimas para detectar VIH e hepatites C en zonas de lecer, fundamentalmente nocturnas; localidades que reciban aglomeracións puntuais, como festas patronais e gastronómicas; e festivais e eventos similares, dos principais núcleos de Galicia.
Esta actuación forma parte das 48 intervencións, como mínimo, que se farán nas catro provincias galegas para fomentar a prevención destas enfermidades de transmisión sexual e que a Consellería de Sanidade lanzou a licitación este venres por un total de 42.398 euros.
Respecto das probas, en caso de dar un resultado reactivo ou dubidoso, facilitaráselle á persoa diagnosticada o acceso ao sistema sanitario pola vía rápida.
Do mesmo xeito, as intervencións que saen a licitación tamén contemplan o asesoramento sobre os riscos destas infeccións e a entrega de folletos, guías e outros materiais preventivos.
Así, a empresa adxudicada deberá contar cunha unidade móbil que permita o desprazamento ás diferentes localidades, e coordinar cos técnicos do Servizo de Prevención e Control de Enfermidades do Centro Galego para ou Control e Prevención de Enfermidades (Cegace) para a planificación e cronograma das intervencións.
Escribe o teu comentario