HM Hospitais inaugura un Policlínico en Rolda de Nelle na Coruña e reforza a súa capacidade asistencial
Con 21 consultas, o novo centro reforza a presenza de HM Hospitais na comunidade.
HM Hospitais inaugurou o Policlínico HM Rolda de Nelle, un centro que reforza a capacidade asistencial do grupo na cidade da Coruña. Trátase dun espazo de mil metros cadrados, con 21 consultas coas principais especialidades médicas e cirúrxicas e servizo de radioloxía "con resonancia de última xeración".
Así o explicou o presidente de HM Hospitais, Juan Abarca Cidón, no acto de celebrado este venres. O mesmo contou coa presenza do conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, entre outras autoridades, e representantes do sector sanitario.
"É un salto importante no noso plan de crecemento en Galicia porque nos vai a permitir ter máis espazos en HM Modelo", expuxo Abarca tras indicar que foron investidos neste proxecto que xerou 40 postos de traballo "case dous millóns e medio de euros".
Na mesma liña, Calvo recalcou a aposta deste grupo hospitalario polo "emprego de calidade" e "por Galicia, segundo terriorio onde HM ten máis presenza, despois de Madrid". Ademais, incidiu en que este centro colaborará coa sanidade pública "en moitos aspectos".
Ao evento asistiron tamén membros do grupo como o director territorial da zona noroeste, Ricardo Aller López; a directora médica na Coruña, Paula Martínez Espada; e o director médico en Santiago, Pablo Asensio Hernández. Todos eles visitaron as novas instalacións onde se descubriu unha placa conmemorativa.
Tras esta inauguración, HM Hospitais consolida a súa rede asistencial na Coruña a través de cinco centros: HM Modelo, Maternidade HM Belén e os policlínicos HM Matogrande, HM Belén e HM Rolda de Nelle.
Escribe o teu comentario