Familia Caamagno prepara o terreo para o seu novo LP co lanzamento de 'Bomba de calor'

O novo disco dos de Sigüeiro verá a luz o próximo 23 de xaneiro.


|

Familia Caamagno u00a9 David Silva 3
Familia Caamagno

 

Xa non queda nada para descubrir en que estiveron traballando os integrantes de Familia Caamagno nos últimos meses. O próximo 23 de xaneiro sairá, por fin, 'Disco comarcal', o novo traballo da banda galega que, a fin de aliviar aos fans cos dentes longos, publicaron un pequeno adianto do que está por vir.

 

CONCERTO O 6 DE FEBREIRO

Trátase de 'Bomba de calor', terceiro e último sinxelo antes da publicación do disco, onde abordarán asuntos que van desde a crise da vivenda até a ansiedade, como se pode ver neste "bombazo". 

 
Con tres lustros ás súas costas, a banda consolidouse como unha das formacións máis demandadas no panorama galego, onde son xa toda unha referencia no power pop que abanderan, sen deixar de lado asuntos sociais nas súas letras como nesta ocasión, onde fan unha crítica á sociedade consumista. 

 

Familia Caamagno u00a9 David Silva 2
Familia Caamagno

 

O tema, que chega acompañado dun videoclip baixo a dirección de David Silva, é a antesala da gran estrea do álbum e do concicerto de presentación de 'Disco comarcal', que terá lugar o próximo 6 de febreiro na Sala Capitol de Santiago de Compostela. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE