Continúan hospitalizadas catro persoas tras o brote gastrointestinal no IES de Elviña
A cafetaría, que presentaba boas condicións hixiénicas, permanece pechada desde que se tivo constancia do sucedido en relación a este brote
Un total de catro persoas permanecen ingresadas tras o brote gastrointestinal rexistrado no IES de Elviña, na Coruña, provocado pola inxesta de tortilla.
Así o informa a Consellería de Sanidade no seu último parte despois de que na información facilitada onte cifrase en 68 as persoas afectadas, con tres ingresados até ese momento, que agora se elevan a catro.
A Consellería de Sanidade tivo constancia do suceso este luns e xa sinalaban que a intoxicación se tiña que deber a algún produto inxerido entre o 8 e o 9 de xaneiro durante o recreo, cando os alumnos teñen acceso á cafetaría do centro, que non ten comedor.
A cafetaría, que presentaba boas condicións hixiénicas, permanece pechada desde que se tivo constancia do sucedido en relación a este brote.
Escribe o teu comentario