Temporal golpeará o venres chafando o tempo case todo o fin de semana

A Axencia Estatal de Meteorología (AEMET) avanzou que haberá chuvascos a partir do venres na metade oeste peninsular, que se estenderán de maneira irregular a toda a Península e Baleares durante o sábado. Ademais, haberá refachos de vento o venres no norte e oeste peninsular e avisos por ondada en puntos do norte o venres e o sábado.


|

Este venres, unha fronte meteorolóxica activo pesará Galicia, traendo consigo choivas intensas e ventos fortes que afectarán a gran parte da rexión. 

 

A Axencia Estatal de Meteorología (AEMET) emitiu alertas amarelas por choivas acumuladas nunha hora para as provincias da Coruña e Pontevedra, con especial incidencia en áreas como o noroeste, oeste e suroeste da Coruña, así como no litoral e o interior de Pontevedra. 

 

Meteogalicia, pola súa banda, puxo en alerta amarela a case todo o país, por choivas ou ventos fortes. O aviso estará vixente en todo o territorio salvo as comarcas menos montañosas de Lugo e Ourense.  O peor do temporal empezará sobre as 9 terminará ao redor das 15 horas.

 

Alertas de Meteogalicia para el viernes
Alertas de Meteogalicia para o venres

 

Ademais, activouse unha alerta laranxa por temporal costeiro no tramo de costa desde as Rías Baixas até A Mariña, onde se esperan ondas de até seis metros e ventos do sur ou suroeste de até forza nove. Mellor non aceirar á costa mañá. 

 

Segundo Metegoalicia, o peor momento do temporal prevese entre as 9:00 e as 15:00 horas do venres, con choivas localmente fortes, especialmente no oeste de Galicia. Pola tarde, as precipitacións serán máis intermitentes, aínda que non se descarta actividade tormentosa. As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso, e os ventos, inicialmente de compoñente sur con refachos que poderían superar os 70-80 km/h, irán diminuíndo en intensidade a medida que viren cara ao suroeste.

 

Fin de semana con condicións meteorolóxicas adversas pero mellorando

O sábado, aínda que a situación mellorará lixeiramente, persistirá a alerta amarela no litoral debido á ondada, con ondas que poderían superar os catro metros. Durante esta xornada, Galicia estará baixo a influencia dunha zona de inestabilidade con entrada de aire frío, o que provocará ceos moi nubrados e chuvascos xeneralizados pola mañá. Estas precipitacións irán remitindo polo leste a medida que avance tárdea, permitindo a apertura de claros no oeste da comunidade. As temperaturas continuarán en descenso, e os ventos soprarán de compoñente oeste con pouca intensidade.

 

 

 

Para o domingo, espérase unha diminución das choivas e un ambiente menos frío. Galicia quedará temporalmente baixo a influencia de altas presións situadas ao sur da península Ibérica, aínda que unha borrasca no Atlántico achegarase durante a tarde. A xornada comezará con néboas nos vales interiores e nubes baixas no litoral atlántico, que se irán estendendo ao resto do territorio pola tarde, sen deixar precipitacións significativas. As temperaturas mínimas manteranse sen cambios, mentres que as máximas experimentarán un ascenso lixeiro a moderado. Os ventos serán do sur, gañando intensidade a partir do mediodía.

 

 

 

Recomendacións ante as alertas meteorolóxicas

Ante estas condicións, a Xunta de Galicia comunicou a activación das alertas a diversos organismos para garantir a seguridade.   As autoridades instan os cidadáns a manter informados sobre a evolución meteorolóxica e seguir as indicacións dos servizos de emerxencia para minimizar riscos durante este episodio de condicións adversas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE