Familiares de vítimas do Pitanxo pedirán "xustiza" durante a homenaxe polo terceiro aniversario do naufraxio
O terceiro acto de homenaxe será ás 12.00 horas no municipio pontevedrés á beira da placa das 21 vítimas e, ao finalizar, haberá unha misa solemne, ás 13.00 horas e que, ademais, será dedicada a todos aqueles que perderon a vida no mar
Familiares de vítimas da Vila de Pitanxo farán un acto de homenaxe en Marín o vindeiro sábado e piden "xustiza" e que se arroxe "toda a verdade" sobre o afundimento do buque no que faleceron 21 persoas.
"Esperamos que este ano se produza a apertura do xuízo oral e que se arroxei toda a verdade", explicou, nun remitido aos medios de comunicación, a portavoz das familias, María José de Pazo.
"A procura da verdade", continuou a portavoz, espera que sexa positiva para toda a xente do mar, porque "será o seu legado" e que sirva para que "ninguén o volva a pasar".
O terceiro acto de homenaxe será ás 12.00 horas no municipio pontevedrés á beira da placa das 21 vítimas e, ao finalizar, haberá unha misa solemne, ás 13.00 horas e que, ademais, será dedicada a todos aqueles que perderon a vida no mar.
Este ano, a persoa que intervirá no acto será a Valedora do Pobo, María Dores Fernández Galiño, por consenso unánime das familias e en agradecemento ao apoio que prestou a institución.
Escribe o teu comentario