Investigado un home en Verín por un delito de tráfico de drogas
Das dilixencias fíxose cargo o Xulgado de Instrución número 2 de Verín
A Garda Civil de Trasmiras tomou declaración en calidade de investigado a un home como presunto autor dun delito por tráfico de drogas.
Segundo informou o Instituto Armado, o home, de 24 anos, foi sorprendido manipulando unha caixa de correos nun edificio de Verín onde atoparon un paquete con 99 gramos de haxix.
Das dilixencias fíxose cargo o Xulgado de Instrución número 2 de Verín.
Escribe o teu comentario