Eólica Así Non manifestarase este domingo contra "o modelo de espolio enerxético da Xunta"

As mobilizacións, previstas en nove localidades, estaban convocadas para o 26 de xaneiro pero tiveron que ser suspendidas polo temporal


|

Eu00f3lica asu00ed non
Eólica Así Non



A Coordinadora 'Eólica Así Non' volverá saír á rúa este domingo para denunciar "o modelo de espolio enerxético promovido pola Xunta", despois de que o pasado 26 de xaneiro tivésense que suspender as mobilizacións previstas polo Día Mundial da Enerxía Limpa con motivo do temporal.

Nunha nota de prensa, a Coordinadora volveu a facer un chamamento á sociedade para denunciar un modelo que consideran que "non ten en conta os intereses da poboación" e que ten como obxectivo "beneficiar ao capital á conta de xerar graves impactos medioambientais e expulsar ás comunidades de afectados e á cidadanía en xeral da toma de decisións".

Así mesmo, criticou a "falta de respecto" polas decisións xudiciais do Goberno galego e demandou unha "nova planificación eólica real, que ordene a explotación desta enerxía no territorio" e que conte con "obxectivos sociais ambientais, que faga partícipe ao pobo galego e non se desenvolva en función dos intereses das grandes multinacionais enerxéticas".

Así, están previstas concentracións e camiñadas en Cartelle, Val do Dubra, Mazaricos, Ortigueira, Marín, Pontevedra, Campo Lameiro, Sarria e Lugo.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE