Acusacións cruzadas entre PP e PSOE por a celulosa de Altri en Palas de Rei
A industria necesita das subvencións que controla Moncloa para ser viable. Os socialistas galegos, tras un período de dúbidas, mostráronse en contra. O PP lémbralles que Moncloa non se pechou en banda a conceder as axudas sen as cales Altri recoñeceu que non é viable.
O proxecto da biofábrica de Altri en Palas de Rei siende xerando un intenso debate entre as principais forzas políticas galegas. Mentres o Partido Popular (#PP) defende a iniciativa como unha oportunidade para o desenvolvemento industrial, o Partido Socialista de Galicia (#PSdeG) e a ministra de Traballo, Yolanda Díaz (Sumar), expresan serias reservas sobre a súa viabilidade económica e sustentabilidade.
O #PP de Lugo, liderado por Elena Candia, indicou hoxe que o Goberno central, que controla o PSOE, apoia proxectos industriais que cumpran coa normativa vixente, interpretando isto como un apoio implícito á planta de Altri. Candia critica as posicións ideolóxicas que, segundo ela, obstaculizan o progreso e salienta a necesidade de confiar nos informes técnicos para avaliar a legalidade e viabilidade do proxecto. O PP de Lugo organizou hoxe un acto con alcalde para tentar pór o foco na suposta división entre a postura dos socialistas galegos e a postura do Goberno do Estado, que, a pesar das declaracións de membros do Goberno como Yolanda Díaz, non descartou definitivamente o proxecto.
Pola súa banda, o secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, insiste en cuestionar a viabilidade do proxecto ao sinalar que unha empresa que require axudas por valor de 250 millóns de euros podería non ser unha opción sostible a longo prazo. Besteiro insta á Xunta de Galicia a ser transparente e aclarar que tipo de apoios planea outorgar si as axudas estatais non alcanzan a cifra solicitada por Altri.
O BNG e a perspectiva medioambiental
Aínda que o Bloque Nacionalista Galego (#BNG) non emitiu unha declaración oficial neste contexto, os nacionalistas mostráronse totalmente en contra de que a Xunta do PP conceda o permiso ambiental e Moncloa as subvencións.
Na reunión conservadora, o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, do PP, subliña a importancia de esperar os ditames técnicos para determinar a viabilidade do proxecto e o seu cumprimento coa lexislación vixente. Taboada é favorable ao proxecto Gamma, o nome que Greeenfiber, filial de Altri e a galega Greenalia, dálle á pasteira. Taboada destaca que a biofábrica podería impulsar o desenvolvemento da comarca e xerar oportunidades laborais, a condición de que se axuste ás normativas establecidas.
Neste contexto de cruzamento de reproches, o senador socialista por Lugo, César Mogo, acusa ao PP de distorsionar as respostas do Goberno sobre Altri e considera que os populares están a difundir información enganosa para xustificar un investimento anunciado con fins electorais. Os socialistas insisten en que antes das eleccións autonómicas o proxecto de Altri era unha cousa, unha planta de fibras téxtiles, e despues dos comicios galegos concretouse noutra moi diferente, unha planta que será principalmente unha celulosa como as que xa operan en Pontevedra ou Navia. Por ven lóxico o seu cambio de postura.
A controversia ao redor da planta de celulosa de Altri en Palas de Rei reflicte as diverxencias entre as forzas políticas galegas sobre o modelo de desenvolvemento industrial. O PP pon como prioridade a xeración de emprego, o PSOE a sustentabilidade económica e o BNG o respecto ao medio ambiente.
Escribe o teu comentario