O BNG reclama á Xunta "medidas estruturais" en sanidade e non aplicar "parches"

"É máis que contrastable que estamos ante un problema estrutural que vai máis aló dos picos estacionais", advertiu a deputada Montse Prado nun comunicado


|

Bng
Montse Prado


 

A portavoz parlamentaria de Sanidade do BNG, Montse Prado, reclamará á Xunta "medidas estruturais" para dar solución aos "colapsos" no Sergas derivados do aumento de procesos respiratorios propios do inverno, no canto de aplicar "parches" cos que "pretende ocultar" a situación de "deterioración" da sanidade pública.

"É máis que contrastable que estamos ante un problema estrutural que vai máis aló dos picos estacionais", advertiu Prado nun comunicado.

Neste sentido, incidiu en que "os colapsos" polo aumento de procesos respiratorios soluciónanse con "planificación e recursos", unhas cuestións, criticou, das que o PPdeG "nin se ocupa, nin se preocupa".

Ante isto, Prado cualificou de "novo exercicio de publicidade" o do Executivo galego co anuncio do plan invernal 2024-2025. "Só contempla meros parches consistentes en atender a patoloxía respiratoria deixando de atender outras patoloxías. Vestir un santo para desvestir outro", lamentou.

O BNG advertiu de que a Xunta "prefire esperar" a que haxa saturacións para "habilitar camas e contratar persoal" ou derivar enfermos a centros privados.

"Medida estrela a de saber cantos antigripais e test venden as farmacias sintinelas, o que significa facer un seguimento da automedicación dos galegos, no canto de pór ne marcha un sistema de vixilancia epidemiolóxica", esgrimiu.

Por todo iso, continuou o BNG, despois de que o PPdeG "vetase a comparecencia" do conselleiro de Sanidade para informar das medidas do plan de saúde invernal, a formación nacionalista leva ao próximo pleno unha interpelación ao titular da carteira sanitaria galega para que informe dos recursos mobilizados, a maiores dos ordinarios, a cargos dese plan, co correspondente orzamento e número de profesionais contratados.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE