A Xunta aproba a Oposición de Educación para 2025 con 1.664 prazas, 1.334 delas de acceso libre
230 prazas serán de promoción interna pero a maioría serán de acceso libre, segundo anunciou a Xunta.
A primeira reunión do Goberno galego de 2025 aprobou a oferta pública de emprego (OPE) de Educación para este ano. En total, convocaranse 1.664 prazas: 1.334 de acceso libre e outras 230 de promoción interna.
Segundo avanzou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a finais de xaneiro a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP dará a coñecer as datas concretas, "que como sempre serán ao comezo do verán" para que os novos docentes póidanse incorporar en setembro, cando arrinca o curso.
Tal e como se anunciou, esta OPE esgota a taxa de reposición autorizada a nivel estatal, que se sitúa no 120 por cento. Isto implica que, por cada 100 prazas vacantes, ofértanse 120.
Escribe o teu comentario