A pianista Elsa Muñiz elixe a Sala Ámbito Cultural do Corte Inglés de Santiago para presentar 'New Beginnings'

O seu talento foi o que protagonizou a apertura da Sala de Ámbito Cultural na capital galega en novembro de 2024, coa música como fío condutor para cortar a cinta inaugural.  Agora, nun acto a cargo de Manuel Dafonte, Elsa Muñiz ábrenos as portas para navegar nos seus pensamentos, onde teñen cabida temas tan universais como a saúde mental, a perda, a esperanza ou a celebración do presente, conceptos centrais en cada unha das súas composicións deste novo álbum.  "Con 'New Beginnings' Elsa consolida a súa identidade artística dentro da música instrumental contemporánea, ofrecendo unha proposta honesta, próxima e profundamente humana", detallan os organizadores.


|

ElsaMuu00f1iz retrato DSCF5080(c)XaimeCortizo
Elsa Muñiz

 

A Sala Ámbito Cultural do Corte Inglés de Santiago de Compostela converterase nun escenario este venres 19 de setembro, cando ás 19 horas Elsa Muñiz, acompañada do seu inseparable piano, presente o seu último traballo, 'New Beginnings', un álbum instrumental, o segundo na súa carreira, que transcende máis aló da música, facendo uso dese pianotelling co que a boirense permite viaxar aos seus oíntes. 

 

 

NOVA ETAPA

Non será, no entanto, un lugar estraño para a pianista e compositora. O seu talento foi o que protagonizou a apertura da Sala de Ámbito Cultural na capital galega en novembro de 2024, coa música como fío condutor para cortar a cinta inaugural. 

 

Agora, nun acto a cargo de Manuel Dafonte, Elsa Muñiz ábrenos as portas para navegar nos seus pensamentos, onde teñen cabida temas tan universais como a saúde mental, a perda, a esperanza ou a celebración do presente, conceptos centrais en cada unha das súas composicións deste novo álbum.

 

AC PRES LIBRO ELSA MUNIZ 19sep 001 1200X1200px ES 000

 

"Con 'New Beginnings' Elsa consolida a súa identidade artística dentro da música instrumental contemporánea, ofrecendo unha proposta honesta, próxima e profundamente humana", detallan os organizadores. A artista ten un outono cargado de compromisos, xa que presentará a súa proposta en diferentes cidades galegas nesta nova etapa para unha pianista única que tras anos de formación en institucións tan recoñecidas como o Conservatorio Superior de Música de Vigo e ou a Universidade de Música Fryderyk Chopin de Varsovia decidiu entregar enteiramente á música, para alegría do público. 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE