A moratoria a negocios turísticos en Santiago ataca a “riqueza cultural”, di o PP, e o BNG deféndea
A nova norma permitirá que se abran comercios de proximidade non pensados para turistas, explica o concelleiro de Urbanismo, mentres que o líder da oposición argumenta que as "prohibicións" non son últiles.
O PP de Santiago pide prudencia até coñecer os detalles da norma que paralizará licenzas para negocios para turistas na zona vella durante un ano. Agora ben, en principio non a ve con bos ollos porque “non creemos nas prohibicións para resucitar o noso centro histórico”.
Son palabras de Borja Verea, líder conservador popular, que argumenta que a medida diminúe e ataca “a nosa riqueza cultural de Compostela porque non só prohiben o que haxa hoxe se non que nos están prohibindo gozar no futuro de novas xeadarías, cafetarías, restaurantes ou tendas de roupa no centro histórico”.
A liña argumental de Verea parécese á mostrada hai uns días polo líder do PP Alfonso Rueda cando, preguntado pola taxa turística que quere implantar o Concello, alertou que estas medidas favorecen a turismofobia.
Berea pon o foco na letra pequena da futura norma. Pregúntase como fará o Concello para distinguir si un negocio é para composteláns ou sobre todo para turistas. Ademais, indica que medidas similares xa se tentaron noutras urbes e fracasaron porque “prohibir é moi fácil pero o problema é vixiar e controlar”.
EXPLICACIÓN DO CONCELLO
Pola súa banda, o Goberno de Santiago defendeu hoxe a medida anunciada onte. O concelleiro de Urbanismo de Santiago de Compostela explicou que se trata de "garantir a diversidade de usos" nunha zona antiga onde os negocios para turistas xa son maioría.
Por exemplo, Iago Lestegás sinalou que en rúas próximas á Catedral "entre un 30 e un 60 por cento dos locais" están ocupados por tendas con actividade de tendas de recordos.
Que negocios estarán afectados pola moratoria? Aquiles que "non atenden directamente ás necesidades da poboación residente", sinala o político nacionalista.
“Si que se poderán seguir abrindo comercios de proximidade, que proporcionen bens e servizos esenciais para a poboación residente, para os veciños, como tendas de alimentación, zapatería, tendas de roupa, unha panadaría, unha carnicería…”, insiste.
Escribe o teu comentario