Reunións de STEG coa Mesa e AGAL para deseñar accións conxuntas en defensa da lingua nos colexios

O sindicato educativo e as plataformas en defensa do galego mantiveron un encontro para debuxar a súa folla de ruta nos próximos meses.


|

ReunionSTEGMesa03
Foto: STEG

 

A sede do Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino da Galiza (STEG) foi esta semana escenario das reunións mantidas entre os representantes do sindicato, encabezado por Comba Campoi, secretaria de Acción Sindical, e o secretario de organización, Miguel Paz, con membros da Mesa pola Normalización Lingüística e a Associaçom Galega da Língua (AGAL), plataformas coas que traballa de face á celebración da Asemblea Xeral pola Lingua non Ensino.

 

A cita, programada para o próximo 9 de febreiro, abre as súas portas a todo o profesorado "de todas as estapas educativas" que sinta "preocupación" pola situación da lingua en Galicia. O obxectivo é "reflexionar colectivamente e construír estratexias con que atallar a situación de emerxencia lingüística". O encontro enmárcase na manifestación que convoca Queremos Galego para o próximo 23 de febreiro, en Santiago de Compostela, e que espera reunir a varios miles de persoas en defensa do galego.

 

REUNIÓNS

No referido aos encontros con AGAL e A Mesa, aos que acudiron Jon Amil e Manuel Simón por AGAL e Marcos Maceira pola Mesa, desde STEG destacan a "proxección social" das dúas entidades. Por AGAL comentan a importancia de que o portugués sexa segunda lingua optativa en secundaria, considernado os lazos que existen entre os falantes lusófonos e o galego. Nese sentido, o sindicato tamén entende como unha prioridade que a oferta do portugués chegue a máis centros educativos e de impartir máis "actividades
complementarias" así como "adquisicións bibliográficas" ou "intercambios culturais".

 

Pola súa banda, no encontro coa Mesa presentouse o programa do próximo 9 de febreiro, onde se organizarán grupos de traballo participativo para os docentes, coas propostas dos expertos Natalia Cea, Manuel Bragado, Miguel Rodríguez Carnota e Filipe Díez, nos que analizar as distintas estratexias para normalizar o uso do galego nas etapas de Infantil, Primaria, Secundaria e FP, para máis tarde pór en común as conclusións. 

 

ReunionSTEGMesa01
Foto: STEG


A continuación, as dúas organizacións subliñan a importancia do corpo docente como "actor fundamental no movemento social" e a derrogación "imprescindible" do Decreto do Plurilingüismo, a fin de "activar a todos os sectores sociais" e que teñan lugar cambios na "política lingüicida" da Consellería de Educación.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE