A caza deixou en tres anos case un morto ao mes en accidentes cinexéticos
Os cálculos de PACMA cifran en 32 as mortes ocorridas en batidas desde 2022.
2024 deixounos pero algúns acontecementos sucedidos ao longo do ano teñen aínda o seu eco en 2025. Hai moitas familias que non poderán esquecelo por ser un ano especialmente funesto para elas, pois aos largo deses 366 días unha decena de cazadores perderon a vida no territorio nacional durante o exercicio de actividades cinexéticas. Son, igualmente, estimacións que fai o Partido Animalista PACMA ante a falta de datos oficiais das administracións públicas, polo que a cifra pode ser, se cabe, aínda maior.
CASE TRES FERIDOS POR MES
2024 repetiu a cifra de 2023 pero non iguala a ducia de vítimas que se constataron en 2022. En cuestión de 36 meses faleceron en España 32 persoas -31 homes- en accidentes de caza, o que se traduce en practicamente un morto ao mes. A esta recompilación hai que engadir os 89 feridos anotados neste tempo por PACMA, polo que ao mes repórtanse preto de tres sucesos desta índole.
Neste sentido, PACMA detalla que "que unicamente se contabilizaron aqueles falecementos que se deron durante a práctica da caza, tanto de persoas cazadoras ou como doutras vítimas humanas colaterais". Chama a atención que isto suceda nun contexto no que o número de licenzas experimenta unha forte baixada, dun 45% desde 2002, segundo os datos do partido que avoga por abolir esta práctica.
"Segundo o dato máis recente, no noso país estarían expedidas 568.715 licenzas actualmente, ás que habería que sumar o número de licenzas interautonómicas e as variacións propias do ano 2023", abundan. Andalucía, con oito vítimas en tres anos, é a Comunidade Autónoma con máis vítimas, seguida de Castela-A Mancha e Cataluña, con sete e seis, respectivamente, "sendo na súa maioría por detonacións involuntarias das armas ou balas perdidas".
Escribe o teu comentario