"Un móbil non é un agasallo, é un problema", lembran os pediatras este Nadal

Os profesionais da atención primaria insisten en que o emprego das novas tecnoloxías está relacionado con problemas que van desde o desenvolvemento da linguaxe ou a miopía até casos de ansiedade e trastornos da alimentación.


|

Niu00f1os mu00f3vil
Foto: EP

 

O próximo 25 de decembro moitos nenos e nenas espertaranse coa incerteza de si foron bos ou malos e si debaixo do árbolito encontratán aquilo que pediron a Papá Noel na súa lista de desexos. É posible que na carta inclúan un teléfono móbil, xa que moitos nenos e adolescentes reciben este aparello por primeira vez nestas datas como agasallo. Con todo, isto é un risco, tal e como sinalan desde a Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria (AEPap).

 

PROBLEMAS DERIVADOS DO USO DE PANTALLAS

"Non é un agasallo, é un problema", detalla o galeno Pedro Gorrotxategi, presidente do colectivo, que chama a atención sobre os menores que utilizan a pantalla "moi por encima do recomendado", o que entaña "riscos para a saúde e para as relacións entre persoas". 

 

 

Desta maneira, o uso das pantallas desde idades moi temperás está estreitamente relacionado con problemas no desenvolvemento da linguaxe, aumento do sedentarismo e a obesidade, problemas de visión como a miopía ou alteracións do soño e, mesmo, problemas cardiovasculares a longo prazo. 

 

Por outra banda, as novas tecnoloxías son, a estas idades, unha arma de dobre fío, xa que os menores poden comunicar con persoas de fóra da súa contorna, o que pode supor un risco para a súa integridade, pero tamén están estreitamente ligados a casos de bullying, ansiedade, trastornos da alimentación e illamento. 

 

FRANXAS DE IDADE E USO

O último Informe do Comité de Expertos de Infancia e Mocidade recomenda evitar o uso de dispositivos dixitais até os tres anos e até o seis só de manersa puntual e sempre baixo a supervisión dun adulto. Xa na etapa entre o seis e os doce anos, o documento indica que debe limitar o uso de dispositivos con acceso á rede e con acceso a contidos axeitados para a súa idade. En diante, aínda que se normalice máis o uso dos dispositivos, remarcan a necesidade de empregar herrameintas de control parental que poidan capar certos contidos e xestionar o tempo de exposición. 

 

 

"Cando un menor ocupa o seu tempo co teléfono móbil está a deixar de facer outras actividades, como exercicio físico saudable, e tamén está a deixar de falar cos seus familiares e cos seus iguais. O móbil hoxe é unha fonte de problemas e non debería ser considerado como un agasallo axeitado", interpreta Gorrotxategi, que anima ás familias a buscar outras opcións este Nadal. Así, recomendan elementos que conviden a realizar actividades ao aire libre, que promovan o exercicio físico ou que fomenten as relacións entre os menores.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE