Comparacións odiosas (I)
Non pode pasar nin un minuto máis, en que os medios públicos galegos, sigan secuestrados, e sendo o voceiro do PP: mentindo, manipulando, externalizando programas e destrozando a língua galega un día sí e outro tamén. Na Galiza, é onde máis lumes se rexistran: o 49% de todolos incendios do estado español.
“Dato mata o relato”: frase atribuida a Jaime Durán Barba, consultor político de Ecuador (1947). Destaca a supremacía dos datos sobre as narrativas subxetivas, particularmente no contexto das campañas electorais.
A responsabilidade de gobernar, leva consigo ter moitos “datos”. O uso que se fan deles, é o máis importante para recoñecer si estamos ante unha verdadeira democracia ou ante un réxime político afastado da realidade e con “relatos” adaptados ao mantemento do poder...independentemente de que estén apoiando causas inxustas, mentiras evidentes e argumentario adaptado ás necesidades de quen está no poder e quere mantelo a toda costa. O apoio ós lobbies en detrimento da cidadanía, deturpa o que pensa a maioría da xente, pero que a hora de dar o seu voto, concede maiorías absolutas que “lexitiman” o seguir perxudicando ao pobo. Falarei de algúns temas e de como se desvirtúa a realidade por parte do PP na Galiza.
Según o último informe da Seguridade Social, de xullo do 2024, a pensión media en España é de 1.255,68€ e na Galiza é de 1.075,74€. O salario medio no noso País, está en 1.744€ mensuais en 2023, o que supón que está 170€ por debaixo dos 1.914€ da media española, según o informe de Adecco.
Entre o 2018 e 2019 oito autoestradas de peaxe no estado, foron rescatadas: AP-7, R-2, R-3 e R-5, M-12, AP-36, Circunvalación de Alicante e AP-41; están baixo o paraugas da empresa pública Sociedad Estatal de Infraestructuras del Transporte Terrestre. A autoestrada nosa (que nun 76% do seu traxecto non ten vía alternativa gratis e foi prorrogada de forma ilegal por Aznar), sigue no limbo. A valoración do rescate, para o ministro Oscar Puente, do PSOE, pasa de 6.000 a 4.000 millóns de e. e que nun estudo recente (e fiable) o cifra en 905 millóns de e. E nos rebelamos. Por que temos, ademáis, as peaxes máis caras da rede viaria española? PPPSOE son os responsables! Quen defende aos cidadáns?
Na Galiza, según a Xunta, temos 8.000 prazas públicas de Residencias de Maiores en 341 centros. Pero a Federación Gallega de Familiares asegura que “algunhas desas prazas son de xestión privada e que so o 14% son públicas”. En todo o territorio estatal, son 3.925 centros privados e 1.642 públicos. O índice de maiores de 65 anos, na Galiza é o maior do estado. Nas Residencias da Xunta o usuario paga o 76% dos seus ingresos, mentras que nas privadas o prezo o fixa a empresa, sin importar os recursos da persoa. Seguimos exixindo explicacións, polos “Decretos da Vergoña” cos que se deixou morrer ós residentes enfermos de COVID e non foron trasladados o Hospital de referencia. Os cartos para realizar Residencias Públicas na Galiza, non existen. As dun empresario famoso, eran para ser públicas e o goberno de Rueda, as privatizou. Calquer comparación cunha actuación responsable cos maiores de Galiza e do estado español, queda invalidada polo sucedido realmente.
O PP ten a gala o de apoiar os lobbies, sexan das eléctricas, de telefonía, da industria contaminante, das minas, da agricultura non ecolóxica, das piscifactorías, das petroleiras, etc...sempre defendendo ás grandes corporacións, en detrimento da cidadanía. A comparación a faríamos con gobernos responsables que de verdade pensasen no benestar dos seus cidadáns.
Que a CRTVG está o servizo do PP ninguén o dubida. A Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia e a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, apoiamos de forma activa a Iniciativa Lexislativa Popular “Liberemos á Galega. Por unha CRTVG ao servizo do pobo”. Non pode pasar nin un minuto máis, en que os medios públicos galegos, sigan secuestrados, e sendo o voceiro do PP: mentindo, manipulando, externalizando programas e destrozando a língua galega un día sí e outro tamén.
Na Galiza, é onde máis lumes se rexistran: o 49% de todolos incendios do estado español. Unha cantidade moi superior a de Castela-León, que é a segunda na lista (14%). Pero claro, si dende o goberno do PP, aprobanse proxectos como o de Altri, que consumen grandísimas cantidades de auga e de eucaliptos, e se despreza á cidadanía, o resultado é unha peor calidade de vida para os nosos fillos e netos.
P.D. Seguirei dando exemplos das actuacións do PP, que nos mostra cada día, o seu desprezo polas persoas e as mínimas normas de actuación para que a xente poda ter unha vida digna. Continuará...
Escribe o teu comentario