A curmá de Feijóo, Eloína Nuñez, ten bagaxe suficiente para ser subdirectora en Política Social, defende Rueda

O presidente da Xunta acaba de confirmar o nomeamento de Eloína Nuñez Masid, curmá de Alberto Nuñez Feijóo, como subdirectora na Consellería de Política Social. O familiar do ex-presidente da Xunta ocupará en concreto a subdirección xeral de Envellecemento Activo e Prevención dá Dependencia e Innovación Sociosanitaria, tal e como adiantou Galiciapress esta mañá.


|

Eloina
Eloína Nuñez Masid

 

Ao mediodía Alfonso Rueba xustificaba a elección. “Falamos dunha funcionaria que tivo postos de responsabilidade importantes e que atesoura, por tanto, unha experiencia importante tamén. Seguro que había outros candidatos posibles, pero seguro que tamén cumpría os requisitos e teñen os méritos para esta designación”, indicou o mandatario.

 


 

Rueda lembrou que se trata dun posto de libre designación, pero ao que só poden optar persoal funcionario, como é o caso da ex-xerente do Sergas en Santiago e Ourense.


 

O presidente aludiu a esa experiencia ao sinalar que “ten experiencia suficiente para ocupar este posto”.  Ademais, defendeu o dereito da curmá do presidente do Partido Popular a desempeñar talles responsabilidades porque “no que non vou caer é en dicir que hai persoas que non pode acceder a determinados postos, sobre todo cando falamos dun posto, insisto, pensando para persoas con méritos. Estou seguro que a designada tenos”.

 

O nomeamento de Eloína Nuñez, que adiantou Galiciapress, chega nun momento incómodo para o Partido Popular a nivel estatal. A oposición leva meses pedindo explicacións polos contratos da Xunta con Eulen, empresa na que é responsable en Galicia Micaela Nuñez Feijóo, algúns dos cales foron outorgados pola Xerencia do SERGAS en Santiago, que ocupou a súa curmá até esta primavera.

Eloína y feijóo
Eloína e feijóo

Galiciapress ha contacto en varias ocasións coa consellería de Política Social para que explicase porqué escolleuse a Eloína Nuñez para este cargo, pero o departamento da Xunta non respondeu por agora.

 

Tras ser cesada como xerente da EOXI de Santiago, Rueda concedeu a Eloína Nuñez unha excedencia de seis meses, sen traballar pero cobrando o seu soldo. Segundo fontes dos traballadores de Política Social, leva nas oficinas da subdirección desde o pasado xoves.

 

 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE