ANPA do CEIP Quiroga Palacios denuncia a Educación por incumprir os cocientes acordados
Pais e nais do colexio compostelán denuncian á Consellería polo seu "silencio" e por non respectar os cocientes pactados.
Faltan poucos días para que arranque un novo curso escolar. Un curso que, tras os acordos asinados o pasado ano pola Consellería de Educación e unha minoría sindical, debería servir como punto de inflexión de face a lograr unha serie de cambios a medio e longo prazo no sistema educativo galego de Primaria, Secundaria e Bacharelato. Un deles refírese ao cociente de alumnos por profesor, un dos puntos máis quentes do acordo e que motivou a queixa de sindicatos, que ven difícil que cristalice este pacto, e asociacións de pais, como a do CEIP Quiroga Palacios de Santiago de Compostela.
E é que a ANPA Athenea do centro compostelaano denuncia os "incumprimentos" da Consellería polos cocientes mínimos nos niveis de 5º e 6º de Primaria. Na súa denuncia, fan fincapé no "sobredimensionamiento" dos grupos, contrarios á resolución acordada o pasado 10 de xaneiro.
"Cada alumno ou alumna cunha discapacidade recoñecida igual ou superior recoñecida ao 33 %, cun grao I de dependencia acreditada ou cun trastorno grave da conduta acreditada computará, aos efectos deste cociente, como dous", lembran desde a asociación, así como o alumnado cunha discapacidade superior ao 65% "cun grao II ou III de dependencia acreditada", que computará como tres ou o caso dos alumnos repetidores.
"Todas as unidades de 5º e 6º de primaria do CEIP Quiroga Palacios están no límite máximo de 25 alumnos e alumnas sen contar aqueles con un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior a 33% ou a 65%", indica o colectivo, á vez que denuncia o "silencio da Consellería ante a demanda dunha reunión".
Aínda que a solicitude se fixo en xuño, aínda non hai resposta da administración pública. "A pesar da falta de resposta, a ANPA do Quiroga Palacios espera que a Xunta tome urxentemente medidas na situación de saturación nas aulas e nos espazos do centro e acordará as accións oportunas de non se efectivizaren", apostilan no seu comunicado.
Escribe o teu comentario