Alerta amarela para o litoral galego este luns por temporal costeiro
O mes de abril arrincará en Galicia con inestabilidade atmosférica ocasionada pola influencia das baixas presións atlánticas que farán que o ceo estea moi nubrado e con choivas intermitentes que afectarán a calquera punto da comunidade
O litoral galego activará este luns a alerta amarela por vento e ondas que poden superar os catro metros. Segundo Meteogalicia, só o noroeste da Coruña e a Costa da Morte estarán en aviso amarelo por vento no mar desde a madrugada e até primeira hora da tarde do luns. Ademais, todo o litoral estará en alerta por ondas.
O mes de abril arrincará en Galicia con inestabilidade atmosférica ocasionada pola influencia das baixas presións atlánticas que farán que o ceo estea moi nubrado e con choivas intermitentes que afectarán a calquera punto da comunidade.
A cota de neve moverase entre os 1.000 metros pola mañá e os 1.200 metros pola tarde e as temperaturas non terán cambios significativos, polo que continuarán en valores baixos para esta época do ano.
O vento será o principal protagonista da xornada e soprará do suroeste, moderado, con intervalos fortes no litoral norte e zonas altas do interior.
Escribe o teu comentario