HM Hospitais afiánzase en Galicia con todos os indicadores asistenciais á alza

A firma experimentou un notable incremento de atención aos pacientes en 2023 con máis cirurxías e máis urxencias atendidas.


|

HM QX Iu0301NDICES
Foto: HM Hospitais

 

HM Hospitais ten en Galicia un territorio estratéxico, unha afirmación que se constata cunha lixeira ollada ás cifras da compañía en 2023 na comunidade, onde conta con catro centros e tres policlínicos. Así, o ano pasado foron máis de 390.000 consultas externas, máis de 113.000 urxencias, máis dun milleiro de alumeamentos e máis de 21.000 cirurxías. Nese tempo, ademais, procedeuse a asinar máis de 19.000 altas hospitalarias, preto de 900.000 estudos de laboratorio e case 180.000 estudos radiolóxicos.  
 

ASENTADA EN GALICIA

Resultan cifras moi estimables para unha firma que non deixou de crecer na comunidade e que cada vez esperta máis confianza entre os seus usuarios, socios, provedores, empregados e administracións públicas, que ven nestes algarismos un exercicio de transparencia por parte de HM Hospitais. 

 

Se botamos unha ollada aos números en Santiago , onde destacan os centros HM RosaledaHM A Esperanza, a conclusión é que na capital galega os dous convertéronse en institucións de referencia, con todos os indicadores á alza.

 

Así, en Santiago de Compostela atopamos que a firma computou máis de 215.000 consultas externas, máis de 37.000 urxencias e máis de 10.000 cirurxías -practicamente a metade das practicadas en todo o territorio galego-. Hai que agregar a estas cifras as preto de 6.5000 altas hospitalarias, os 52.000 estudos de laboratorio e os 82.000 estudos radiolóxicos practicados neste tempo. 

 

IMPACTO NACIONAL

No conxunto estatal, os números son igual de bos, cunha demanda de cirurxía en crecemento con máis de 108.000 cirurxías totais practicadas, un 38,5% máis que o ano anterior, ou 745.000 urxencias atendidas, unha subida máis leve, do 6,3%. 

 

“O crecemento en case todos os indicadores de saúde que se rexistraron, menos a natalidade, reflicte que cada vez con máis frecuencia somos o aliado no coidado da saúde de máis e máis familias, que nos elixen entre moitos actores, públicos e privados. Isto só significa unha cousa. Todos os que conformamos HM Hospitais renovamos día a día o noso compromiso cos pacientes para responder adecuadamente ás súas necesidades”, conclúe o doutor Juan Abarca Cidón.


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE