Varias ANPA de Galiñas Azuis denuncian un "progresivo desmantelamento" destas escolas infantís

Estes pais e nais alertan do "progresivo desmonte do sistema por parte do Consorcio", que entre as súas últimas medidas busca "desconectar" aos educadores e familias


|

Logo de Galiña Azul
 

Varias Asociacións de Nais e Pais (#ANPA) das escolas infantís Galiñas Azuis, dependentes do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar (Consellería de Política Social), denuncian o "progresivo desmantelamento" do servizo por parte da Xunta que inclúe "inactivar" na última semana a aplicación Tokapp, empregada para a comunicación entre as familias e os centros.

Nun comunicado --asinado por sete ANPA de Galiñas Azuis de Vigo, A Coruña, Santiago e Mos--, estes pais e nais alertan do "progresivo desmonte do sistema por parte do Consorcio", que entre as súas últimas medidas busca "desconectar" aos educadores e familias.

E é que denuncian que recentemente o Consorcio fixo uso da aplicación de comunicación (Tokapp) para "emitir un comunicado desmentindo as reivindicacións das docentes en relación á supresión e as súas horas de tutoría e planificación da actividade docente". "Desde aquel momento, a aplicación deixou de funcionar, dificultando unha comunicación entre as partes da comunidade educativa dos centros", explican.

Sinalan que a isto únese que, desde hai meses, suprimiuse a web (http://escolasinfantisdegalicia.net) que conectaba ás escolas infantís da rede e tamén a estas coas familias.

Por todo iso, esta ANPA avanzan a súa intención de crear unha federación de ANPA que as agrupe como parte da súa "enérxica protesta polo progresivo enfraquecemento da rede".

POSTURA DA XUNTA
Pola súa banda, a Xunta traslada a Europa Press que "Tokapp é un sistema oficial do centro, e só pódese utilizar para emitir información oficial autorizada". "Nos últimos días detectouse un uso irregular por parte dalgunhas escolas, polo que a ferramenta está a ser revisada para que non volva facerse un uso indebido da mesma", asegura.

Ademais, a Xunta lembra que se pasou de 37,5 a 35 horas no horario das traballadoras desta rede por un acordo que asinou o Goberno galego con todos os sindicatos.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE