Ducias de miles de persoas xa marchan por Santiago na manifestación que pode decantar as eleccións

A Plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha manifestación para reclamar investimentos, persoal e frear o desmantelamento do sistema sanitario público en Galicia. Tachada de “electoralista” sobre todo desde o PP e o actual goberno autonómico en funcións, esta marcha pretende convocar a miles de persoas en Santiago baixo unhas condicións climáticas que permitirían unha elevada concentración de manifestantes no Obradoiro.


|

MANI 2
Manifestación pola sanidade pública/C.S.

Ás 12:00 do medio día comezaba a marcha convocada por SOS Sanidade Pública en dirección á Praza do Obradoiro reivindicando melloras e máis orzamento para a sanidade pública galega. A plataforma SOS Sanidade Pública convocou a manifestación para protestar contra “o desmantelamento do sistema sanitario público en Galicia”.

 

A manifestación foi tachada de electoralista polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, aínda que a súa convocatoria se realizou o 5 de decembro, días antes da convocatoria electoral para as autonómicas galegas.


E é que as diferentes plataformas a favor da sanidade pública han estado realizando convocatorias para denunciar a falta de pediatras, a falta de cobertura para prazas vacantes tanto en médicos e enfermaría, así como denunciar a falta de medios materiais e o mal estado tanto laboral como material das ambulancias.


Os sindicatos con representación entre os e as traballadoras da sanidade pública prevén encher o Obradoiro onde se lerá un manifesto a cargo da actriz Isabel Risco, Xosé María Deus, membro da plataforma e máis representantes sanitarios.

 

Mani sanidade
Manifestación Sanidade pública/C.S. 

 

Tamén líderes da oposición están presentes nesta marcha: Ana Pontón (BNG), José Ramón Gómez Besteiro (PSdeG), Marta Lois (Sumar) e Isabel Faraldo (Podemos). Xunto a eles participan alcaldes, concelleiros e membros das directivas de cada unha das forzas políticas. 

 

A plataforma SOS Sanidade Pública pediu á sociedade galega unir este domingo 4 de febreiro á manifestación que reclama a protección do sistema sanitario público galego. As reivindicacións viñeron sendo as mesmas desde que en 2009 Feijóo accedese a presidencia da Xunta e empezase un proceso de concertación coa sanidade privada e conceder a xestión de centros hospitalarios públicos a entidades empresariais privadas. Por outra banda, a atención primaria está a sufrir un desmantelamento en favor da sanidade privada, apuntan os convocantes da concentración deste domingo 4 de febreiro. Xunto a isto, reclámase ao goberno autonómico aumentar persoal en todos os segmentos do sistema sanitario, aumento de medios para atender a unha poboación dispersa e moi envellecida. 

 

Foto manifestaciu00f3n pola sanidade pu00fablica  PSdeG PSOE
Foto manifestación pola sanidade pública  PSdeG PSOE

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE