'Eólica Así Non' chama a protestar ante o Parlamento de Galicia este luns 20 de novembro

A plataforma, integrada por decenas de entidades ecoloxistas, pide un modelo eólico diferente ao actual da Xunta de Galicia. 


|

Movilización en Pontevedra convocada por la Coordinadora Eólica Así Non.
Mobilización en Pontevedra convocada pola Coordinadora Eólica Así Non

 

A importancia de aproveitar os recursos naturais é proporcional a realizar este investimento dunha forma ben estudada, medida e que sexa o menos lesiva posible para o medioambiente. Desde a Coordinadora Eólica Así Non defenden que os beneficios das renovables non poden supor un prexuízo para os ecosistemas nin para os habitantes. Por iso, a organización celebrará unha protesta este 20 de novembro en Santiago de Compostela en defensa dun modelo eólico diferente ao actual.

 

Baixo a lema 'As leis do Capital non son de interese xeral', a plataforma, "conformada por máis de 200 colectivos e paltaformas galegas críticas co actual modelo eólico", concentrarase o vindeiro luns ante o Parlamento de Galicia ás 16:30 horas nunha xornada na que o hemiciclo debaterá a Lei de Acompañamento dos Orzamentos de Galicia. 

 

A protesta está motivada polas "novas leis de depredación" promovidas polo PP na Cámara autonómica. "Supoñen a entrega definitiva do país ao capital privado", denuncian, por incorporar ao texto da lei ue os prioyectos eólicos serán "de interese público superior".  

 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE