Sindicatos desconvocan a folga da limpeza de Lugo ao ceder a patronal

Recibiron por parte de Aspel unha proposta 'in extremis' que vén ser a que facía o mediador, e que foi aceptada de forma maioritaria aínda que non por unanimidade. 


|

Folgalugolimpezacig


Sindicatos desconvocaron a folga da limpeza en Lugo despois de que recibisen por parte da Asociación Profesional de Empresas de Limpeza Estatal (Aspel) unha proposta "in extremis" na xornada previa ao comezo do paro.


Segundo explicou a representante da Federación de Servizos da CIG, Carmen Antas, os sindicatos foron convocados na sede da CEL, na Praza de Santo Domingo de Lugo, ás 17,00 horas, cunha proposta "para tentar evitar o inicio da folga".


"Convocóusenos ás cinco da tarde xa cunha proposta coñecida porque se nos trasladou ao mediodía, unha proposta que vén ser practicamente a que facía o mediador", explicou.


Con todo, precisou que "ten un pequeno matiz". Así, sinalou que "a única diferenza co que fixo o mediador na última reunión" é que se recoñece aos traballadores "o incremento do 0,5 do ano 2016" e, en lugar de que os atrasos se perciban en seis meses, percibiranse en tres.


Ademais, sinalou que a patronal oferta regular no convenio colectivo a ultra actividade do convenio con carácter indefinido", detallou Antas, que lembrou que durante a negociación "só estaban en disposición de asinar a ultra actividade para este convenio por un período de tres anos".


ACORDO APOIADO MAIORITARIAMENTE


"Tras recibir a proposta os sindicatos fixemos consulta a través dos grupos de 'whatsapp' que temos co sector para valorar se a proposta valía para a firma, e teño que dicir que moi maioritariamente, non por unanimidade, acordouse vir asinar este acordo que se desenvolverá na elaboración do convenio", indicou.


Respecto diso, Carmen Antas considerou que o acordo foi posible "pola unión e a forza das traballadores deste sector (2.000 na provincia) que expresaron a súa capacidade de loita que é moito máis de recoñecer no sector por que teñen unhas condicións moi precarias e é de valorar dunha maneira moi especial".


"A súa unión e a súa forza e a súa decisión firme de iniciar a folga o día de mañá foi o que fixo posible que ASPEL tivese que cambiar a súa posición e obviamente aceptar unha proposta que na práctica son os mesmos termos que fixaba o mediador, cunha diferenza en termos económicos de quince euros", subliñou.

relacionada O sector da limpeza de Lugo anuncia que empeza unha folga indefinida

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE