CIG participará o luns nunha concentración en demanda da liberdade de Palestina

A concentración está prevista para un total de 15 localidades galegas


|

F8YkAiPXYAAOjsL
Cartel de convocatoria da concentración / Foto: @galizaCIG

A Confederación Intersindical Galega participará este próximo luns 16 de outubro nas mobilizacións en demanda da Liberdade de Palestina, convocadas nun total de 15 localidades, entre as que se atopan as sete cidades galegas.

 

A CIG denuncia así o xenocidio e a limpeza étnica que está a sufrir o pobo palestino e esixe ademais o fin da ocupación e o apartheid.

 

A concentración, convocada pola Asociación Galaico Árabe Jenin, a Campaña BDS Galiza, o colectivo Galiza por Palestina e Comité Galego de Solidaridade Internacional Mardelumes, terá lugar ás 20:00 nas localidades da Coruña (Obelisco), A Estrada (Praza do Concello), A Guarda (Praza Avelino Vicente), Burela (Praza do Concello), Santiago de Compostela (Praza do Toural), Lugo (Praza Maior), Monforte (Praza de España), Ourense (rúa Paseo, na Subdelegación de Defensa), Ponteareas (diante do edificio do Concello), Pontedeume (Praza do Concello), Pontevedra (Praza da Peregrina) e Vigo (Farol de Urzáiz).

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE