Comer ovos non sobe o colesterol segundo unha nova investigación da Universidade de Santiago
O consenso científico recente agora ratificados por unha investigación galega é aínda que os ovos son unha fonte rica en colesterol dietético, a maioría das persoas poden consumir até un ovo ao día sen aumentar significativamente os seus niveis de colesterol en sangue.
En calquera caso, recoméndase manter unha dieta equilibrada e controlar a inxesta total de graxas saturadas e trans, así como levar un estilo de vida saudable con exercicio regular para manter niveis óptimos de colesterol e coidar a saúde cardiovascular.
A tese de doctoramiento de Gema Manuela Puertas Hernando na Facultade de Veterinaria, do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela (#USC), cuestiona o mito da que a inxesta de ovos aumenta o colesterol.
A investigación 'Avaliación de ovoprodutos mediante espectroscopía, centrifugación e filtración de fluxo tanxencial aplicado intelixencia artificial', baixo a dirección do catedrático da área de Tecnoloxía de Alimentos Manuel Vázquez Vázquez, conclúe que a interacción das lipoproteínas da xema coas proteínas da clara impiden a correcta separación dos compoñentes do ovo e, en consecuencia, evitan a absorción do colesterol por parte das persoas que consuman estes produtos.
Por tanto, Logo, "unha tortilla francesa, un dos múltiples produtos alimenticios nos que existe interacción entre a clara e xema do ovo, non ten impacto algún nos niveis de colesterol do consumidor", aclara Vázquez. "O efecto quelante das proteínas da clara pon en dúbida a necesidade de reiterar o colesterol do ovo nunha alimentación saudable", agrega.
Esta tese conseguiu a máxima cualificación cun sobresaliente 'cum laude'. A catedrática da área de Tecnoloxía de Alimentos da USC Anxos Romeu Rodríguez presidiu o tribunal encargado da avaliación, un comité do que tamén formaron parte o profesor da UVigo Manuel Cruz Freire e a investigadora do CSIC Marta Martínez Sanz.
Entre os estudos analizados na tese detállase dous métodos publicados para detectar fraude na etiquetaxe de ovos. A autora aplicou Espectroscopía e Quimiometría para clasificar os ovos segundo o sistema de crianza usando técnicas de aprendizaxe supervisada.
No primeiro caso, esta investigadora da USC conseguiu clasificar o 100% das mostras tras empregar o extracto lipofílico que contiña o colesterol libre e outras graxas disolutas tras a saponificación da xema. O segundo método, que é máis rápido e barato, e no que se aplicaron espectros de plasmas de ovo enteiro, confirmou a relación entre o sistema de cría das galiñas e a composición dos ovos, especialmente no que alcanza a fraccións de graxa.
Escribe o teu comentario