Folga en gardarías e escolas infantís privadas este xoves, onde se cobra menos que o Salario Mínimo

As centrais sindicais CCOO, CIG-Ensino, UXT Servizos Públicos, SNEP de Galicia e USO levan meses advertindo de paros se a patronal non acepta mellorar o convenio ante a alza da inflacción. Durante semanas houbo concentracións  e finalmente, as traballadoras van á folga.


|

As traballadoras están convocadas pola práctica totalidade de sindicatos con representación neste sector: CIG-Ensino, CC.OO., UXT, SNEPdeG e USO.

 

Trabajadoras de escuelas infantiles en una foto de CIG
Traballadoras de escolas infantís nunha foto de CIG

 

Hai folga convocada para o vindeiro xoves 29 de xuño nas escolas infantís privadas e de xestión indirecta. Afecto aos centros da etapa de 0 a 3 anos, que seguen en funcionamento a pesar de que o curso escolar para nenos maiores terminou. 

 

A folga afectará  a centros que son na súa maioría de titularidade municipal. En Galicia, existen máis de 200 escolas e máis de 2000 traballadoras e traballadores regulados por este convenio colectivo de alcance estatal, explica un dos convocantes, a CIG.

 

 

As táboas salariais do convenio actualmente vixente sitúanse por baixo do Salario Mínimo Interprofesional (#SMI).

 

Haberá tamén manifestación, en Santiago de Compostela, con saída ás 11:30 desde a Alameda e finalización na Confederación de Empresarios de Galicia (#CEG), na rúa Vilar da zona vella.

 

Este martes, as traballadoras e traballadores das escolas infantís privadas e de xestión indirecta continuaron co seu calendario de mobilizacións esixindo un convenio colectivo digno, salarios xustos e mellores condicións laborais. Nunha protesta simultánea nos centros de traballo, portaron pancartas e camisetas reivindicativas.

 

Trabajadoras de la escuela de Meixonfru00edo en una foto de CIG
Traballadoras da escola de Meixonfru00edo nunha foto de CIG

 

 

As negociacións para o convenio comezaron fai máis dun ano, pero non foi posible chegar a un acordo. A CIG di que é debido á inmobilidade das patronais, quen se negan a aceptar incrementos que permitan recuperar o poder adquisitivo e asegurar salarios dignos e xustos para o persoal, acorde coa importancia do seu labor educativo e social cos nenos.

 

 

 

 

 

Neste sentido,  os convocantes denuncian que as patronais causaron un grave prexuízo ás traballadoras do sector da xestión indirecta ao impedir a firma dunhas táboas salariais vinculadas aos pregos de condicións dos últimos concursos públicos. Esta negativa priva ás traballadoras dunha remuneración xusta e acorde coas súas responsabilidades laborais, argumentan.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE