HM Hospitais conmemora o Día Internacional de Enfermaría na praza Roxa de Santiago

Fíxoo a través dunha 'Caseta da Saúde' no que se realizaron probas e proporcionouse información a todas as persoas que se achegaron


|

Diaenfermeria1
'Caseta da saúde' de HM Hospitais / Foto: HM Hospitais

Con motivo do Día Internacional da Enfermaría, celebrado cada 12 de maio, HM Hospitais organizou un evento en Santiago, instalando unha 'Caseta da Saúde' na céntrica praza Roxa da cidade, onde se relizaron diversas probas de forma grauita a quen se achegaron.

 

Esta iniciativa ten como obxectivo "visibilizar e pór en valor o gran traballo que realiza o persoal da enfermaría, que son sen ningunha dúbida un dos motores da sanidade". Así o explicou a doutora Verónica Ángel, directora médica de HM Hospitais en Santiago.

 

Na caseta tomáronse constantes, pulso e glucemia, ademais de ofrecer información e asesoramento sobre hábitos saudables. A directora de Enfermaría de HM Hospitais en Santiago , Gloria García Barreiro, sinalou a importancia de "manter uns hábitos saudables, así como realizar revisións periódicas que poidan contribuír a reducir notablemente a gravidade de moitas enfermidades".

 

Ao longo da xornada deste venres  realizáronse máis dun centenar de probas, aínda que foron moitísimas máis as persoas que se achegaron a esta 'Caseta da Saúde' de HM Hospitais para buscar información, un éxito que o grupo espera poder repetir en próximas xornadas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE